Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/12/22 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os centros de investigación acreditados das universidades galegas acadaron os 80 M€ en proxectos competitivos nos últimos tres anos

Román Rodríguez sinala estes centros, aos que se achega case 5M€, como “a xoia da coroa dos nosos proxectos de I+D+i”

13/12/22 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia 19 equipos de alta competición femininos no terceiro Plan de patrocinio contra a violencia de xénero

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participaron hoxe ante representantes dos clubs galegos beneficiarios na presentación do programa, que contará cunha achega de 217.800€

13/12/22 | 13:08 | A Presidencia da Xunta

O Goberno galego aumenta o investimento no ensino para seguir mellorando o “magnífico nivel” de Galicia

Os orzamentos do 2023 destinarán 2.793 M€ ao ensino galego, a cantidade máis alta da súa historia
 

13/12/22 | 13:05

Ángeles Vázquez incide na aposta da Xunta por un uso razoable, sostible e eficiente da enerxía no eido residencial

Salienta o alto grao de concienciación da cidadanía ao respecto desta cuestión xa que se recibiron solicitudes para intervir en máis de 3.600 vivendas ao abeiro das axudas para mellora e rehabilitación

13/12/22 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará un aparcadoiro disuasorio gratuíto con 72 prazas en Nigrán cun investimento de preto de 685.000 euros

Habilitarase un aparcadoiro tipo carpooling no enlace da PO-340 coa autoestrada do Val Miñor e adxacente á peaxe da saída A Ramallosa-Gondomar co obxectivo de fomentar o uso do vehículo compartido

13/12/22 | 12:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a posta en marcha dun programa de envellecemento activo no centro de maiores do Pereiro de Aguiar

Destina 50.000 euros a esta iniciativa que permite recuperar a actividade do centro e ofrecer atención de calidade ás persoas maiores ao carón das súas casas

13/12/22 | 12:02 | C. de Sanidade

A Xunta cita aos nenos e nenas para recibir a segunda dose da vacina da gripe en hospitais

Mañá, día 14, enviaranse as citacións por SMS, co día e rango de hora para acudir ao mesmo centro onde se lle administrou a primeira dose, á poboación pediátrica de Santiago que se vacinou dentro do programa piloto

13/12/22 | 11:45

Galicia considera negativo o acordo de posibilidades de pesca para 2023 pois apenas supón avances respecto da proposta inicial da Comisión Europea

A comunidade lamenta que as negociacións da delegación española co Executivo comunitario non desen maiores froitos e deixasen escasos avances en relación cun punto de partida baseado nas recomendacións dos científicos e sen ter en conta os aspectos sociais e económicos

13/12/22 | 11:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Cantabria interésase polo modelo de éxito da Formación Profesional galega

O Goberno galego comparte co cántabro o funcionamento destas ensinanzas, que na última década melloraron 50 puntos a inserción laboral