Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita a ampliación do centro de saúde de Ordes, cubrindo a cuberta aterrazada, para habilitar 5 consultas da área de saúde mental cun investimento de máis de 436.000 €
O delegado da Xunta, a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza e o alcalde de Ordes visitaron a centro de saúde para anunciar esta nova actuación que permitirá mellorar os espazos dispoñibles para dar un óptimo servizo aos pacIentes
Galicia rexistra un total de 1.392 casos activos por coronavirus
Un total de 682.876 pacientes xa están curados
A Xunta destina máis de 610.000 euros á humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño
Ángeles Vázquez salientou que esta iniciativa se enmarca nas actuacións que está a realizar o Goberno galego de cara a habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor as súas contornas urbanas e mellorar a calidade de vida da veciñanza
Gabriel Alén destaca o compromiso da Xunta pola sustentabilidade do agro na comarca da Limia
As catro comunidades de regantes constituíronse nunha soa para asinar o convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e SEIASA de construción e explotación de 40 novos pozos para a mellora do regadío
A Xunta defende a importancia de colaborar co sector empresarial para afrontar as incertezas económicas e aproveitar ao máximo os fondos europeos
Rueda apunta a elección da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial ou o novo CHUAC como exemplos do que se consegue a través destas sinerxias
A Xunta destaca o traballo dos últimos dous anos dos GDR galegos en prol do rural
A directora xeral indicou que precisamente hoxe é un día especial para falar do futuro do programa Leader, xa que é o día no que se asinaron as addendas aos convenios cos 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia
Fernández-Tapias lembra que a Xunta investiu 3,4 M€ nos túneles da estación, o que supón case o 16% do seu custe
A delegada da Xunta en Vigo destaca o esforzo inversor do Goberno galego tanto nos pasos subterráneos como na Estación de Autobuses Intermodal que abrirá o vindeiro sábado
A Xunta salienta a importancia dos resultados das últimas investigacións para garantir a preservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas
O Goberno galego mantén o seu compromiso de conservar a biodiversidade e os recursos naturais deste espazo protexido facendo fronte aos principais riscos que encara como as especies exóticas invasoras, a contaminación e o cambio climático