Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anima as modistas galegas a formar parte da marca Artesanía de Galicia
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá no I Congreso Modistas Galicia, no que falou da relevancia histórica deste oficio tradicional na Comunidade, así como da marca como un valor de futuro para estas profesionais
O programa Nadal en Rede da Xunta arranca este venres con actividades nunha vintena de concellos
A primeira cita será no centro social de Pontecesures coa proposta ‘Fazulas e o ladrón de paraugas’, que ata finais de ano chegará tamén a Campo Lameiro, Salceda de Caselas, Poio, Vigo, Foz, Rodeiro, Valdoviño, Laracha e Lalín
A Xunta impulsa un aparcadoiro disuasorio gratuíto con 82 prazas no núcleo de Ameal, no Concello de Marín, cun investimento de 610.000 €
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, coa alcaldesa, María Ramallo, informou da apertura, hoxe, da fase de información pública deste proxecto, que se desenvolverá nas inmediacións da Variante de Marín e da vía provincial EP-1202
A Xunta licita a redacción do proxecto da reforma integral do centro de saúde da Milagrosa de Lugo, cuxas obras suporán un investimento de 2,5 M€
Vázquez Mourelle salienta a modernización completa do centro, adaptando o edificio aos criterios de sostibilidade e eficiencia enerxética, resolvendo os problemas de accesibilidade e redistribuíndo os espazos para a mellor prestación sanitaria
A Xunta destinará máis de 20 M€ en 2023 a colaborar co tecido empresarial galego para manter o mellor ciclo exportador da súa historia
O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na presentación do Centro de Seguimento de Licitacións Internacionais na Confederación de Empresarios de Galicia
Rueda destaca a recuperación da fortaleza de Monterrei como modelo da alianza do turismo co patrimonio histórico
Sinala que a comezos de 2023 licitaranse as obras para recuperar inmobles do recinto e poñelas ao servizo de usos turísticos
O Auditorio de Galicia dixitaliza a súa sala principal coa axuda da Xunta a través da convocatoria para a modernización de infraestrutras culturais
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visita o escenario compostelán para comprobar o funcionamento deste novo sistema dixital da maquinaria escénica ao que a Consellería achega 40.000€
A Xunta licita por preto de 145.000 € as obras da senda na AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís, no concello de Arteixo
A senda favorecerá a circulación a pé ao longo dun treito da vía autonómica coincidente cunha intersección, reformulando o cruce e habilitando o espazo para o encaixe do itinerario
A Xunta pecha a programación do centenario de María Casares coa presentación da tradución da súa biografía ao galego
Anne Plantagenet é a autora de ‘A Única. María Casares’, que afonda na pegada da actriz galega en Francia