Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta iniciará antes do verán pola avenida das Caldas a execución do eixe de mobilidade sostible que conectará Ourense con 5,1 km de itinerarios e un investimento de 8,4 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio da información pública dos dous treitos das obras que precisan expropiacións, a senda do Barbaña e a senda de conexión co Complexo Hospitalario de Ourense
Diego Calvo participa na entrega do XXI Premio Iurisgama a Julio Padilla Carballada e o Montero Ríos a José Manuel Sieira Míguez
A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) recoñeceu a traxectoria dos dous galardonados pola súa traxectoria no ámbito da xurisprudencia
Rueda celebra que o éxito da marca Galicia Calidade asociara para sempre a excelencia ao nome e aos produtos da Comunidade
Pon en valor a traxectoria das 150 empresas que se sumaron á iniciativa e que contribuíron á singularidade e ao prestixio da Comunidade galega en todo o mundo
Galicia e Norte de Portugal amplían a súa colaboración transfronteiriza ao ámbito das urxencias sanitarias
Asinado un memorando para a mellora do seguimento e a continuidade asistencial do paciente, independentemente de onde ocorra o suceso
Trenor informa a Teletaxi da nova orde de axudas por importe de 500.000 € para incentivar a adquisición de taxis adaptados e de emisións cero ou eco
Destinaranse 300.000 € á compra de taxis adaptados, 140.000 € para vehículos de baixas emisións e 60.000 € para taxis de emisións cero
Fernández-Tapias confirma a apertura da estación de autobuses a pesar da “oposición vergonzosa do PSOE de Vigo e a súa postura en contra da cidadanía”
A delegada da Xunta en Vigo respondeu este mércores aos novos impedimentos e ameazas dos socialistas para evitar que abra a nova intermodal de Urzaiz
Galicia reduciu en máis de 320 M€ a súa débeda no 3º trimestre e sitúase como a 3º comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante
Cada galego debe hoxe 2.365 € menos que a media autonómica
A Xunta remata a parcelaria de Mondoñedo Norte tras reorganizar unha superficie de máis de 800 hectáreas e investir máis de 2,2 millóns de euros
José González destacou que, grazas a este traballo, a superficie media das parcelas triplicouse, pasando de 1.525 a 5.746 metros cadrados e de 5.317 predios a 1.335 parcelas finais
A Xunta acompañará o sector pesqueiro galego na súa demanda contra o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas
A titular de Mar anunciou que o Consello do Executivo galego vai aprobar mañá un acordo para que a comunidade interveña como parte coadxuvante no recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela