Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/08/22 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez gaba o traballo da Fundación Manolo Paz a prol da cultura coa homenaxe á cantante Luz Casal

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na VII Xornada que cada ano organiza a entidade con actividades que aglutinan arte e natureza

12/08/22 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo turismo gastronómico e deportivo para desestacionalizar e diversificar a oferta turística galega

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron hoxe na presentación do stand ‘...E para comer, Lugo’ que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo levará polas 21 etapas de La Vuelta para promocionar a gastronomía da provincia

12/08/22 | 13:41

O labor dos gardacostas no primeiro semestre do ano reafirma o esforzo de Galicia a prol dunha xestión máis responsable dos recursos mariños ao constatar menos infraccións a pesar do aumento dos controis

Rosa Quintana destacou que esta tendencia demostra que Galicia conta cun Servizo de Gardacostas que contribúe a un control eficaz da actividade marítimo-pesqueira e cun mar máis sostible grazas a un sector cada vez máis comprometido

12/08/22 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta descarta o uso da auga do oco mineiro de Ventoxo ao río Lérez e mantén outras alternativas complementarias para o reforzo do abastecemento

Os parámetros das análises levadas a cabo para comprobar a calidade da auga embalsada no antigo oco mineiro obrigan a descartar a súa utilización, pola presenza de metais que a fan incompatible co consumo e coa preservación da calidade da auga do río

12/08/22 | 12:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a divulgación da olería tradicional no VIII Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia

A xerente de Artesanía de Galicia participou na inauguración da oitava edición deste evento que se celebra no Museo de Olería de Niñodaguia ata o domingo
 

12/08/22 | 12:52

Lorenzana destaca en Nigrán que o programa autonómico Emega é un exemplo de impulso ao emprendemento feminino tecnolóxico e innovador

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, lembrou que hoxe remata o prazo para solicitar as axudas desta iniciativa que para 2022 conta cun orzamento de 4,3 millóns, un 34% máis que o pasado ano
 

12/08/22 | 12:46 | C. de Sanidade

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras que se realizaron nos centros de saúde de Amoeiro e Vilardevós

Gabriel Alén explicou que as obras de Amoeiro consistiron na rehabilitación da súa cuberta a través dun convenio entre Xunta e Concello que foi asinado o pasado ano cun importe de preto de 14.700 euros
 

12/08/22 | 12:44 | A Presidencia da Xunta

Juan Carlos Serrano, novo director da Casa de Galicia en Madrid

O exalcalde de Portomarín amosa a súa intención de converter esta institución “nun portal da Xunta para toda España” e “punto de encontro” da galeguidade e da Galicia emigrada