Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/08/22 | 12:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoiará ao concello de Bande para que sexa un destino termal de referencia en Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde reuniuse esta mañá coa alcaldesa do municipio ourensán tras a confirmación de que as augas procedentes da captación ‘O Baño’ contan con propiedades mineromedicinais e termais
 

12/08/22 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/08/22 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia o reparto de preto de 741.000 € en axudas a 56 entidades da área de Vigo beneficiarias do Plan Específico de acción comunitaria

A delegada territorial da Xunta visitou a Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios de Beade que prevé, no marco desta orde, a instalación no centro dunha plataforma elevadora e a renovación de equipamento nas aulas do edificio
 

12/08/22 | 12:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta dotará o IES de Mugardos de dúas novas aulas para os talleres de xardinaría e floraría

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade inviste na habilitación destes dous espazos preto de 50.000 euros
 

12/08/22 | 12:19

A Xunta convoca axudas directas de ata 10.800 € para apoiar a mocidade na compra da súa vivenda habitual

As persoas de entre 18 e 35 anos interesadas en beneficiarse do programa poden presentar as súas solicitudes a partir de mañá e ata o vindeiro 30 de setembro
 

12/08/22 | 12:12 | C. de Sanidade

A Xunta completa o proceso de adquisición de 34 novos equipos TAC para os hospitais públicos galegos

O Sergas adxudicou contratos por valor de 21,1 millóns de euros para renovar os equipos de tomografía axial computerizada (TAC) dos 14 hospitais galegos

12/08/22 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias confirma 5 M€ para impulsar 11 obradoiros duais de emprego na área de Vigo

A delegada territorial de Xunta clausurou hoxe o obradoiro xuvenil Formaweb IV que ofreceu a 16 menores de 30 anos formación especializada no desenvolvemento de aplicacións web e sistemas de xestión de información durante os últimos 12 meses
 

12/08/22 | 10:51 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para aqueles propietarios con cultivos danados polas medidas fitosanitarias dos organismos de corentena


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural coa convocatoria e as bases destas achegas, que contan cun orzamento inicial de 75.000 euros e que poderán solicitarse nun prazo de tres meses a contar desde mañá

12/08/22 | 10:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os centros de infantil e Primaria terán 130 aulas máis o próximo curso que antes da pandemia malia perder case 9.200 alumnos

Todas elas contarán co profesorado necesario para atender as necesidades académicas e garantir a calidade do ensino
 

12/08/22 | 10:14 | C. de Sanidade

O Sergas publica a relación definitiva e a resolución do concurso de traslados na categoría de facultativo de cirurxía ortopédica e traumatoloxía e medicina interna

A anticipación da resolución do concurso de traslados nestas especialidades posibilitará a pronta incorporación dos profesionais seleccionados no concurso-oposición