Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

17/12/22 | 11:30 | C. de Sanidade

A Xunta avanza os traballos para a implantación do proceso asistencial integrado do dano cerebral adquirido de cara ao 2023

Céntrase na consecución da máxima autonomía funcional, participación social e calidade de vida do paciente

16/12/22 | 10:44 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.963 casos activos por coronavirus

Un total de 682.947 pacientes xa están curados

15/12/22 | 20:11 | C. de Sanidade

A videoconsulta, a carpeta persoal de saúde e a conectividade dos dispositivos médicos, entre as funcionalidades da nova versión da historia clínica galega impulsada pola Xunta

Deste xeito, faise máis universal, transversal e integrada; potenciando a capacidade de conexión cos pacientes e xerando coñecemento

15/12/22 | 10:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.756 casos activos por coronavirus

Un total de 682.949 pacientes xa están curados

14/12/22 | 13:52 | C. de Sanidade

Galicia e Norte de Portugal amplían a súa colaboración transfronteiriza ao ámbito das urxencias sanitarias

Asinado un memorando para a mellora do seguimento e a continuidade asistencial do paciente, independentemente de onde ocorra o suceso

14/12/22 | 11:54 | C. de Sanidade

Expertos debaten a importancia da prevención e coordinación na vixilancia epidemiolóxica na primeira xornada galega de saúde pública

Organizado pola Escola Galega de Saúde Pública, a Consellería de Sanidade acolle o primeiro foro galego de saúde pública, baixo o título “Ágora, agora, dando valor ao que estamos a facer”

14/12/22 | 10:31 | C. de Sanidade

A Xunta fai un chamamento á doazón de sangue debido a unha baixada xeneralizada das reservas

As reservas de sangue dos grupos 0 positivo e A positivo están en niveis máis baixos, polo que se fai un chamamento especial a doantes destes grupos

14/12/22 | 10:24 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.537 casos activos por coronavirus

Un total de 682.927 pacientes xa están curados

13/12/22 | 12:02 | C. de Sanidade

A Xunta cita aos nenos e nenas para recibir a segunda dose da vacina da gripe en hospitais

Mañá, día 14, enviaranse as citacións por SMS, co día e rango de hora para acudir ao mesmo centro onde se lle administrou a primeira dose, á poboación pediátrica de Santiago que se vacinou dentro do programa piloto