Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 169 novas da área temática Consumo:

30/10/22 | 11:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre este mércores 2 de novembro o prazo para descargar o Bono Cultura

Poranse en circulación 20.000 vales que calquera persoa maior de idade poderá obter na web bonocultura.gal e empregar ata o 31 de decembro

29/10/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra que industrias cárnicas de fóra de Galicia poidan filetear pezas de Ternera gallega de cara a potenciar o mercado da IXP

É unha das modificacións do prego de condicións desta indicación xeográfica protexida que vén de publicar o Diario Oficial da Unión Europea

28/10/22 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a calidade na produción alimentaria galega mediante a súa promoción e protección

José González definiu a procura da calidade como “un camiño de longo percorrido” e sinalou ademais que “sen calidade na orixe, non contaríamos con calidade no fin”, algo que en Galicia existe cunha gastronomía e unhas producións alimentarias excepcionais

27/10/22 | 15:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Carballo o papel das asociacións de comerciantes no impulso aos negocios locais

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no sorteo da iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’, organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso do Centro Comercial Aberto de Carballo

27/10/22 | 15:04 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Monforte de Lemos unha xornada de cata de produtos amparados pola IXP Mel de Galicia

A acción formativa, que busca dar a coñecer as características físico-químicas dos meles galegos distinguidos con indicación xeográfica protexida, terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agraria o vindeiro xoves 3 de novembro en horario de tarde

27/10/22 | 12:31 | C. de Economía e Industria

O Bono Activa Comercio da Xunta esgótase en tan só tres días, con máis de 166.000 descargas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, lembrou hoxe na Coruña que os beneficiarios teñen ata o 31 de decembro para empregar os descontos de 30 euros no comercio de proximidade, contribuíndo así á súa dinamización

25/10/22 | 17:45 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo as axudas da PAC e as de plans de mellora e incorporación de mozos para contribuír ao futuro do agro galego

José Balseiros recordou que o Goberno galego volveu convocar este ano unha liña de anticipos para adiantar aos agricultores e gandeiros galegos no verán uns 200 millóns de euros das achegas da PAC

25/10/22 | 15:23 | A Presidencia da Xunta

As contas de 2023 da Xunta incluirán preto de 5,5 M€ para apoiar a promoción e a fortaleza dos produtos agroalimentarios galegos

Rueda recalca que nos Orzamentos tamén se incorporarán máis de 3 millóns para divulgar os produtos do mar nunha quincena de eventos nacionais e internacionais

24/10/22 | 16:17 | C. do Medio Rural

A Xunta participa nun acto a prol da divulgación no uso da madeira entre os máis cativos

Trátase da presentación dun novo libro infantil titulado ‘Maruxa, Xaquín e Fuco fabrican material escolar’ que pon en valor o uso da madeira