Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias e interior:

07/05/21 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o Concello de Forcarei na compra dunha varredora e no mantemento e xestión da recollida municipal de residuos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, coñeceron as melloras realizadas no municipio ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

07/05/21 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 113.600 euros os gastos de funcionamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Ourense

O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións que permitirá sufragar os gastos de agrupacións de case 190 concellos galegos de menos de 50.000 habitantes

04/05/21 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a dotación de equipamento do novo GES da Lama coa entrega dun camión destinado a todo tipo de emerxencias

O Goberno galego inviste case 200.000 euros neste vehículo tipo Bomba Rural Pesada totalmente equipado para intervir en incendios urbanos, forestais e industriais

03/05/21 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ofrecerá ao GES da Cañiza un novo camión de emerxencias para intervencións en incendios

Destinará case 200.000 euros a un vehículo 4x4 tipo Bomba Rural Pesada equipado para intervir en lumes urbanos, industrias e forestais e que permite acceder a todo tipo de zonas

30/04/21 | 18:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial Contraincendios de Lugo entrega un equipo de excarceración para o parque de bombeiros de Viveiro

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explicou que tivo un custo de 44.000 euros e servirá para reforzar os medios de salvamento e rescate en situacións de emerxencia

26/04/21 | 16:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
26/04/21 | 10:31 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 39 persoas por 34 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 23 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 25 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 45 chamadas por accidentes de tráfico

23/04/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina ao servizo municipal de emerxencias de Noia un novo vehículo para actuar en incendios e labores de salvamento

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta mañá do novo camión no que o Goberno galego investiu 150.000 euros e que está adaptado para intervir en zonas estreitas de difícil acceso

21/04/21 | 17:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López salienta o "traballo imprescindible" de Protección Civil de Pontevedra na atención das emerxencias e operativos da cidade e trasládalle o apoio da Xunta

O delegado territorial visita a base da Agrupación de Voluntarios co Xefe do Servizo de Emerxencias Provincial, Miguel Pérez Dubois, para coñecer o seu funcionamento e as súas necesidades

21/04/21 | 17:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Academia Galega de Seguridade Pública converteuse nun referente na formación dos corpos de seguridade e emerxencias de Galicia

A AGASP forma unha media anual de 8.000 profesionais das forzas de seguridade e dos equipos de emerxencias