Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/07/22 | 13:11 | C. de Sanidade

A Xunta adquire por 1’4 millóns de euros 97 lámpadas cirúrxicas para renovar os quirófanos galegos

O Executivo galego mellorará a iluminación de 97 bloques cirúrxicos nos 14 hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde

23/07/22 | 12:46 | C. do Medio Rural

Trenor e o alcalde de Touro analizan a proposta da nova parcelaria en Fao-Novefontes que reorganizará 8.589 parcelas para optimizar o uso desta zona agrícola

Esta reestruturación agraria ten un ámbito de actuación de 725 hectáreas que son propiedade de case 681 veciños

23/07/22 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a licitación por máis de 200.000 euros da restauración da capela da Venerable Orde Terceira do antigo convento de Álcántara, en Mondoñedo

Tratarase de volver a comunicar a capela coa igrexa de San Pedro e adecuar o conxunto para o uso de culto e visitas públicas
 

23/07/22 | 11:12

A Xunta recibe 14 ofertas para executar a senda entre Proame e O Cancelo, que completará un itinerario peonil de máis de 7 quilómetros na AC-552 na Laracha

Habilitarase unha senda de uso mixto, para peóns e ciclistas, pola marxe esquerda da vía, con 2,2 km de lonxitude e un ancho medio de 2,5 metros

23/07/22 | 11:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu 193.000 euros na renovación integral da rede de servizos da rúa das Pedreiras, en Vilalba

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Vicepresidencia segunda destinou nos últimos anos máis de 2,5 M€ á mellora de infraestruturas e servizos da localidade a través das liñas de colaboración con entidades locais

23/07/22 | 10:57

O parque nacional das Illas Atlánticas promoverase este verán como destino turístico ‘Starlight’ con actividades gratuítas de observación astronómica

Por sexto ano consecutivo, a Federación Galega de Astronomía organiza accións de dinamización abertas á participación de adultos e nenos nos catro arquipélagos

23/07/22 | 10:29 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 7.483 casos activos por coronavirus

Un total de 656.779 pacientes xa están curados

23/07/22 | 10:15 | C. de Facenda e Administración Pública

A metade das empresas tecnolóxicas galegas realizan actividades innovadoras

O gasto en innovación do sector tecnolóxico en Galicia entre 2018 e 2020 ascendeu a máis de 118 millóns de euros, dos cales o 71,7% está destinado a I+D interna
 

23/07/22 | 10:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a boa acollida do ‘Bono Coidado’, que xa recibiu preto de 600 solicitudes en dúas semanas

Trátase dunha axuda para cubrir necesidades de conciliación de familias con nenos de ata 12 anos de idade