Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/07/22 | 14:37 | C. de Sanidade

A Xunta lamenta que o Ministerio de Sanidade non permita a Galicia ampliar máis a oferta de prazas docentes de medicina familiar e comunitaria

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, expresou hoxe, tras a reunión do Pleno da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde, o seu malestar despois de que o ministerio volva negar a Galicia a posibilidade de seguir ampliando a oferta de prazas docentes

26/07/22 | 14:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O festival Sonrías Baixas recupera o gran formato ao reunir en Bueu a Tanxugueiras, Kase.o, Rayden, Jazzwoman, Cool Nenas e la M.O.D.A co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais interveu na presentación desta cita musical que ofrecerá entre o 4 e o 6 de agosto un cartel cunha vintena de destacados nomes do panorama musical actual

26/07/22 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén califica as actuacións realizadas polo ‘obradoiro Terra de Mosteiros 2021’ como “un traballo para a veciñanza”

O delegado territorial destacou que este programa, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste 366.446 euros, formou a 20 alumnos - traballadores nos módulos de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (10) e revestimentos con pastas e morteros en construción (10)

26/07/22 | 14:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta en Ferrol a segunda edición dos Concertos da Fin do Mundo que comezan este venres no Faro de Corrubedo

Concertos na Fin do Mundo é un ciclo de concertos concibido como unha experiencia musical e turística diferente no marco da celebración do Xacobeo
 

26/07/22 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación Camilo José Cela acolle unha escolma do fotógrafo Tino Martínez sobre o papel das romarías tradicionais galegas

O director xeral de Cultura inaugura a mostra ‘Fe. Tino Martínez 1971-2016’ que reúne fotografías históricas do artista compostelán

26/07/22 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O protocolo de colaboración en materia de política lingüística reúnese en Santiago

Os representantes de Galicia, Euskadi, Cataluña, Illas Baleares, Navarra e a Generalitat Valenciana celebraron a súa reunión ordinaria anual para facer seguimento e coordinar accións conxuntas

26/07/22 | 13:41 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsará unha nova parcelaria en Freixeiro que permitirá unificar 10.250 parcelas para optimizar a estrutura da propiedade

O delegado da Xunta reuniuse coa alcaldesa de Santa Comba para analizar a proposta que afecta a 706 veciños, que se levará mañá mércores ao Comité Técnico Asesor

26/07/22 | 13:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Compostela Tradfest celebra co apoio da Xunta a música galega de raíz e mais o baile e canto populares

O director de Industrias Culturais participou na presentación do evento, que terá lugar o 31 de xullo cun concerto de Xisco Feijóo na praza da Quintana, ruadas e actuacións dunha ducia de formacións artísticas en distintos escenarios da cidade

26/07/22 | 13:38

A Xunta mellora a empregabilidade de 40 persoas de Lalín cos obradoiros formativos ‘Sendas’ e ‘Proxecto Lalinnova´

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde de Lalín, José Crespo, participou no acto de clausura e entrega de diplomas dos obradoiros “Sendas”, en formato dual, e “Proxecto Lalinnova”, de garantía xuvenil, que se prolongaron durante os últimos nove meses