Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Diego Calvo destaca a calidade do balonmán galego con equipos nas máximas categorías a nivel nacional
O vicepresidente segundo da Xunta recibiu esta mañá o Club Cisne Balonmán que a próxima tempada competirá na Liga Asobal, o que supón o seu segundo ascenso nos dous últimos anos
A Xunta activa o sábado novos servizos de autobús directos desde Tui ata Praia América, en Nigrán
Os servizos estarán activos durante os meses de xullo e de agosto para facilitar os desprazamentos á praia desde Tui, que non contaba con conexións directas
Luis López clausura o obradoiro de emprego ´O Freixo´ no que se formaron 20 persoas desempregadas de Dozón, Rodeiro e Agolada
O delegado territorial, acompañado polos alcaldes de Dozón, Adolfo Campos, de Rodeiro, Rubén Quintá, e de Agolada, Luis Calvo, participou esta mañá no acto de clausura e entrega de diplomas desta iniciativa de emprego no Parque de O Castro, en Dozón
A Xunta cédelle ao concello de Ordes a titularidade de dúas parcelas situadas na concentración parcelaria de Parada para fins de interese xeral
O Goberno local solicitou a titularidade destes predios á Consellería do Medio Rural co fin de ampliar a área recreativa da Estación de Pontraga
Galicia rexistra un total de 4.769 casos activos por coronavirus
Un total de 660.877 pacientes xa están curados
A comarca da Ulloa estrea céspede e vestiarios no campo de Monterroso e unha pista de pádel en Antas do Ulla grazas aos convenios de colaboración da Xunta
Ambas as dúas obras contaron cun orzamento total de máis de 75.000 euros: a Secretaría Xeral para o Deporte achegou o 70% en Monterroso e o 80% en Antas de Ulla
A Xunta e os concellos do sistema de abastecemento de Pontevedra acordan reducir o consumo de auga e afrontar a seca con información, coordinación e responsabilidade
Coinciden na necesidade de evitar o uso innecesario de auga, suprimindo baldeos, regas de xardíns, lavapés e duchas nas praias, enchido de piscinas, o lavado de coches, as fontes ornamentais e actividades lúdicas que malgasten o recurso hídrico