Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/07/22 | 17:24

A Xunta celebra unha nova mesa de emprego do persoal afectado polo peche de Barreras para avanzar na busca de saídas laborais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, comprometeu a posta en marcha dunha liña de traballo tendo en conta os perfís profesionais dos traballadores co fin de mellorar a súa formación e orientación laboral

27/07/22 | 17:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A rodaxe de ‘Amigos hasta la muerte’ mobiliza 70 profesionais galegos co impulso da Xunta a través do seu hub audiovisual

O director xeral de Cultura e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais reuníronse co produtor Álvaro Pérez Becerra e co director Javier Veiga, quen asume a súa primeira longametraxe con este filme que se estreará en 2023

27/07/22 | 16:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
27/07/22 | 16:40 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia un investimento de máis de 6,5 millóns para a compra de vacinas fronte ao Herpes Zóster e a Meninxite B e amplía a poboación destinataria

Explica que entre as novidades do Programa Galego de Vacinación inclúese a vacinación fronte ao meningococo B aos nenos e nenas partir dos dous meses no calendario vacinal, cando na actualidade só estaba financiada nos grupos de risco de todas as idades

27/07/22 | 16:38 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca el incremento de las retribuciones en la atención primaria para reconocer el esfuerzo adicional de los profesionales e incentivar los puestos de difícil cobertura

Recalca que las medidas se enmarcan en los estímulos pactados por la Xunta con la unanimidad de los sindicatos con representación en la Mesa Sectorial de Sanidad

27/07/22 | 16:32 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que os daminificados polo episodio excepcional de incendios forestais poderán solicitar as axudas de inmediato

As ordes sairán publicadas no Diario Oficial de Galicia do venres 29 e as solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte, cun mes de prazo
 

27/07/22 | 16:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reclama ao Goberno central un novo modelo de ABAU xusto, uniforme e que garanta a igualdade de oportunidades entre as persoas

Román Rodríguez reivindica unha proba que permita o acceso igualitario para todos os estudantes a un sistema universitario de distrito único e non a través de 17 camiños diferentes

27/07/22 | 16:15

A Xunta referenda o seu compromiso na defensa dos dereitos das persoas LGTBI nunha xuntanza con representantes de Alas Coruña

A secretaria xeral da Igualdade lembrou que Galicia é referente na inclusión plena do colectivo ao contar cunha lei pioneira e un observatorio contra as discriminacións

27/07/22 | 16:05 | C. de Economía e Industria

Viña Costeira recibe o certificado de Galicia Calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Ribadavia a adega, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez