Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/07/22 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo 21-22 achega a 17 concellos lucenses outros tantos espectáculos de maxia co Galicia Ilusiona

A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación deste festival de ilusionismo que traerá a Lugo maxia na rúa, de preto, desafíos extremos e unha gran gala con figuras mundiais

26/07/22 | 19:51 | A Presidencia da Xunta

A Xunta participa na reunión do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago que elixiu como novo presidente a Manuel Castiñeiras

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro asisitiu ao encontro onde indicou que xogan un papel fundamental no asesoramento ao Goberno galego para potenciar aínda mais o Camiño de Santiago

26/07/22 | 18:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os Bolechas presentan co apoio da Xunta un novo título dedicado ao Museo do Mar de Galicia

Numerosos nenos acudiron á institución viguesa para coñecer unha obra que achega unha panorámica da actividade mariñeira a través das pezas museísticas expostas

26/07/22 | 18:08 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e ALN celebran o éxito da Liga Galega de Traiñeiras no seu ecuador e buscan fórmulas para fomentar o deporte entre os máis novos

Os representantes da ALN destacaron as melloras acadadas pola LGT nesta nova edición salientando a uniformidade das infraestruturas nos campos de regata ou a participación da Televisión de Galicia coa emisión de oito regatas ao longo da tempada

26/07/22 | 16:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita ao Ministerio de Ciencia e Innovación financiamento para o polo aeroespacial de Galicia a través do Perte do sector

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no encontro convocado para avaliar o Perte Aeroespacial
 

26/07/22 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra a importancia de ter en conta a opinión das persoas maiores e de darlles un papel activo na sociedade

José Ignacio Rivera, máis coñecido como Nacho ‘Carballeira’, recibiu o premio ‘Avó de Honra’ polos seus 30 anos de traballo no centro de protección de menores A Carballeira, en Ourense
 

26/07/22 | 14:55 | C. de Economía e Industria

A Unidade Mixta de Investigación de Aimen e ArcelorMittal permite avanzar na diversificación e a eficiencia enerxética da industria do aceiro

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no Porriño na presentación do balance desta iniciativa, que mobilizou 2,5 millóns de euros de investimento público-privado
 

26/07/22 | 14:52

Lorenzana despide á primeira promoción do curso universitario de igualdade nas relacións laborais cunha aposta pola formación para “o cambio”

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe o I curso co que aspira a brindar ao tecido empresarial e sindical coñecementos necesarios en materia de igualdade laboral

26/07/22 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 48.000€ as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable do concello de Larouco

O obxectivo é asegurar un subministro de auga de calidade mediante a instalación dun equipo de medición da turbidez que axuste o volume de auga que se envía aos filtros
 

26/07/22 | 14:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,2 M€ as obras de mellora do firme na LU-113 no concello de Abadín

Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses e iniciaranse en agosto