Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/07/22 | 12:16 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a nova lei da calidade alimentaria de Galicia no Consello Agrario Galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria foi o encargado de explicar o anteproxecto desta lei que se prevé ter aprobada neste ano 2022

29/07/22 | 10:41 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 4.885 casos activos por coronavirus

Un total de 661.108 pacientes xa están curados

29/07/22 | 09:48 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 4M€ en axudas para repoñer as explotacións forestais, agrícolas e gandeiras danadas polos incendios deste mes de xullo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural coa convocatoria e as bases destas achegas, que forman parte do paquete de 9 millóns de euros anunciado esta semana no Consello da Xunta
 

28/07/22 | 22:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que a combinación dunha economía internacionalizada e de empresarios con raíces fai que Galicia sexa máis recoñecida e próspera

Incide na vontade internacionalizadora de Galicia coa posta en marcha da Estratexia de Internacionalización 2025, que xa está a acadar obxectivos

28/07/22 | 20:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta insístelle ao goberno en que “é posible outra política enerxética” e lembra que Galicia conta cun novo Plan de aforro e eficiencia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, defende na Conferencia Sectorial de Enerxía que se introduzan medidas concretas para os sectores produtivos, en especial para as empresas de coxeración e electrointensivas
 

28/07/22 | 19:06 | A Presidencia da Xunta

Rueda valora a vontade de avanzar en acordos de interese para Galicia pero advirte a Pedro Sánchez que estará “vixiante” sobre os compromisos adquiridos

O titular do Executivo galego incide na necesidade de que a Administración estatal habilite axudas para a reconstrución das zonas máis afectadas polos incendios deste mes de xullo

28/07/22 | 18:29

Galicia lamenta a aprobación da estratexia nacional do lobo co voto en contra das comunidades que albergan preto do 93% das manadas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incide en que a nosa Comunidade non pode votar a favor dun documento que vai en contra da poboación rural galega, especificamente da que se dedica á gandería extensiva
 

28/07/22 | 18:24

Preto de 200 traballadores do naval melloran en Narón a súa cualificación a través de Empreganav, un plan de apoio á recuperación do emprego neste sector

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe nesta localidade unha das accións formativas que se ofertan no marco do proxecto autonómico de apoio ás persoas sen emprego do sector auxiliar do naval galego