Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/07/22 | 16:25 | C. de Política Social e Igualdade
28/07/22 | 16:16

A inspectora de traballo luguesa Antía Sández toma posesión como nova presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe no acto de toma de posesión da nova presidenta na sede do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRRLL)
 

28/07/22 | 16:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias reitera ao Concello por carta que comunique a data de fin de obra para poñer en marcha a estación e agarda que “por respecto aos vigueses non haxa actitudes desleais”

A delegada territorial da Xunta en Vigo remitiu hoxe unha nova carta ao Concello para pedir outra vez que informe oficialmente sobre a data en que estarán acabados os accesos e así poñer en marcha o traslado da Estación de Autobuses
 

28/07/22 | 16:06

Trenor clausura o obradoiro de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior coa entrega dos diplomas aos 20 alumnos participantes

O delegado da Xunta destacou que na área da Coruña se impartiron 11 obradoiros nos que se cualificou a 212 desempregados en ámbitos con gran demanda de emprego
 

28/07/22 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora das instalacións de uso deportivo e recreativo de Laxe

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas do Goberno galego, que supuxeron unha achega de case 28.000 euros
 

28/07/22 | 15:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén salienta o traballo do centro de recursos zooxenéticos de Galicia na conservación e fomento de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción

O delegado territorial subliñou que Fontefiz é o centro de referencia de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción de gando vacún (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa), ovino (Ovella Galega), cabrún (Cabra Galega), aviar (Galiña de Mos), equino (Cabalo de Pura Raza Galega), porcino (Porco Celta) e canino (Can de Palleiro)
 

28/07/22 | 15:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 230.000€ as obras para a instalación de 43 novas marquesiñas de autobús nas estradas autonómicas das catro provincias

Este contrato formalizarase nos vindeiros días para proceder a instalar novos refuxios en estradas da rede viaria da Xunta ao seu paso por 32 municipios

28/07/22 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o To-Miño Fest que terá lugar este sábado no marco dos concertos do Xacobeo

O delegado territorial, Luis López, indicou que e o To-Miño Fest que arranca a súa primeira edición, é unha proba máis do éxito que están a ter os Concertos do Xacobeo por toda Galicia
 

28/07/22 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aneiros clausura en Mugardos o obradoiro Reinicia VIII que formou a 20 alumnos en atención sociosanitaria e actividades auxiliares en conservación de montes

A delegada territorial da Xunta destaca o compromiso do Goberno galego coa xeración de emprego na comarca e pon en valor este tipo de formación orientada a cubrir as demandas reais do entorno