Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aproba na provincia de Ourense 10 polos creativos e 5 pistas multideporte que estrearán centros educativos o vindeiro curso
O delegado territorial de Ourense, Gabriel Alén, explica que son dúas iniciativas novidosas postas en marcha ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
A Xunta licita as obras de urbanización do polígono 1 de San Paio de Navia por máis de 14,3 millóns de euros
A obra xa fora licitada no pasado mes de marzo, pero dado o incremento dos custes da construción que se produciron nos últimos meses, o Instituto Galego da Vivenda e Solo decidiu revisar os prezos e realizar unha nova licitación
Galicia rexistra un total de 8.173 casos activos por coronavirus
Un total de 655.618 pacientes xa están curados
A Xunta crea 24 novas casas do maior coas que superará este ano o centenar de centros en funcionamento por toda Galicia
Estes equipamentos sumarán en conxunto 535 prazas gratuítas de atención diúrna
A Xunta abre ás suxestións da cidadanía o proxecto de lei para a igualdade efectiva entre mulleres e homes
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abre desde hoxe e ata o próximo 12 de agosto o prazo público para recibir as achegas ao proxecto de particulares, entidades, empresas ou administracións a través do portal da transparencia
A Xunta velará polo uso correcto do territorio ao asumir competencias urbanísticas do concello de Leiro
En base a este convenio de colaboración, este municipio delega na APLU as súas competencias en materia de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística
A Xunta reforza ata os 3,3 M€ o investimento no Campus Industrial de Ferrol para impulsar accións estratéxicas de investigación e internacionalización
O conselleiro Román Rodríguez sinala que a especialización dos campus periféricos é “unha oportunidade de futuro” que, no caso de Ferrolterra, “vai ter un impacto positivo no eido do naval e do sector industrial”
A Xunta convoca para agosto e outubro os propietarios dos terreos necesarios para executar a mellora da estrada LU-710 en Baralla
O levantamento de actas previas está previsto os días 23, 24 e 25 de agosto na Casa do Concello e a formalización das actas de ocupación o 19 e o 20 de outubro
A Xunta alerta de que a proposta do Goberno central para as escolas infantís pode deixar sen praza a unhas 2500 familias
O proxecto do Executivo central obrigaría a pechar escolas infantís e tamén diminuiría a capacidade de atención dos Puntos de atención á infancia (PAI) que hai nos concellos con menos poboación
Emigración colabora coas entidades do exterior para ter unha modernización continua e dar a mellor imaxe de Galicia en todo momento
O secretario xeral da Emigración visitou a reforma realizada no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires que o converten nun lugar de referencia como imaxe dunha Galicia moderna