Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

13/04/20 | 13:58

Xunta e arquitectos opóñense á modificación unilateral do plan estatal de vivenda, que xera 3.000 empregos en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha videoconferencia coa decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia, quen lle trasladou a inquedanza do sector polas últimas decisións do Goberno central en materia residencial

08/04/20 | 11:49

A Xunta convoca o bono de alugueiro social para vítimas de violencia de xénero dotado con dous millóns de euros

O DOG publica hoxe a convocatoria, con financiamento plurianual, dunha liña de axudas específica destinada a este colectivo, aos seus fillos dependentes e a mulleres vítimas de explotación sexual

06/04/20 | 12:54

Vázquez Mejuto solicita ao Goberno levantar o embargo dos fondos do Plan de Vivenda das anualidades 2020 e 2021 comprometidos xa en actuacións para os galegos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aclara a representantes dos administradores de fincas e dos axentes inmobiliarios que Galicia xa comprometeu un 63% en convocatorias publicadas e un 32% en convocatorias en tramitación dos fondos dos anos 2020 e 2021

03/04/20 | 17:01 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia contará cun comité de expertos para avaliar o impacto económico da crise do COVID-19, asesorar á Xunta e deseñar medidas para a recuperación paulatina da economía

“Temos que deseñar medidas para a recuperación paulatina da nosa economía, xestionar a emerxencia sanitaria e ir pensando nas semanas posteriores ao levantamento do estado de alarma”, di o presidente do Goberno galego

27/03/20 | 17:38 | A Presidencia da Xunta

A Xunta asumirá a cobertura total do bono de alugueiro social dos colectivos máis desfavorecidos mentres se manteña o estado de alarma debido á crise do COVID-19

Salienta a autorización da convocatoria das axudas en 2020 para vivenda a vítimas de violencia de xénero, a través da concesión do Bono de Alugueiro Social

16/03/20 | 14:35
06/03/20 | 11:19

A Xunta inicia o procedemento para realizar a adxudicación de 11 vivendas de promoción pública no concello de Ferrol

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas resolucións polas que se acorda comezar o proceso selectivo das persoas beneficiarias destas VPP na cidade departamental e doutra vivenda protexida no Concello de Ames

05/03/20 | 10:31

Ángeles Vázquez recorda que o prazo para solicitar axudas para a rehabilitación de vivendas de mestres remata o vindeiro 30 de abril

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda invita aos concellos galegos a seguir o exemplo de Cerdedo- Cotobade, onde se rehabilitan inmobles en desuso para facilitar vivendas

02/03/20 | 14:16

O IGVS recibe a solicitude para a constitución dun grupo de traballo para a declaración dunha Área Rexurbe no concello de Ribadavia

A Xunta brinda a colaboración técnica á Administración local para poñer en marcha este equipo de traballo, así como para asesoralos na tramitación oficial necesaria para a declaración da mesma

02/03/20 | 12:42

Medio Ambiente entrega oito vivendas protexidas a senllas familias que pagarán un alugueiro mensual máximo de 120 euros

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda deu esta mañá as chaves de inmobles destinadas ao alugueiro aos oito adxudicatarios das mesmas, veciños de Ourense inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda