Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta activa unha alerta vermella por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense
Tamén estarán en alerta laranxa hoxe o sur de Lugo por máximas de ata 41 graos, así como o noroeste e o sur de Ourense e o interior e a zona do Miño na provincia de Pontevedra con temperaturas que poden chegar aos 39 graos
A Xunta investirá case medio millón de euros na mellora dos recursos fitoxenéticos para garantir a sustentabilidade, diferenciación e calidade das producións agrarias galegas
Tras o acordo subscrito co mesmo fin en 2017, renóvase a colaboración deica o 2024 para facer maior énfase na transferencia de novos coñecementos ao sector primario
Galicia rexistra un total de 13.743 casos activos por coronavirus
Un total de 644.637 pacientes xa están curados
A sanidade pública galega, primeira de España en implantar no corazón válvulas tricúspide a través de catéter
Os servizos de Cardioloxía e Cirurxía Cardíaca levan realizados dous casos con esta novidosa técnica; os pacientes xa están dados de alta e evolucionan favorablemente
A Xunta aproba o programa de manexo e rotación das explotacións porcinas extensivas de Porco Celta de Galicia
O seu obxectivo é o correcto desenvolvemento deste particular sistema produtivo, impulsando a un tempo o aproveitamento ordenado dos recursos naturais do medio rural galego
A Xunta organiza en Moeche un curso para o uso das instalacións do seu centro de transformación de produtos agrarios
A acción formativa, de 60 horas de duración total, terá lugar do 18 de xullo ao 11 de agosto no propio Centro de transformación
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais
Activo un incendio no concello de Melón, parroquia de Quins, que afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas
A Xunta destaca a ilusión que traslada a Once Galicia á sociedade para acadar un mundo mellor
Entregou o galardón na categoría de institución, organización, entidade, ONG que foi destinado á Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína)
Rueda pon en valor os nexos que unen a Galicia coa República de Corea a través das peregrinacións como un símbolo universal de tolerancia, respecto e acordo
Salienta a contribución que a República de Corea fai do Camiño de Santiago a través do Jeju Olle Trail, unha ruta creada na illa de Jeju a partir da experiencia xacobea
Galicia defende ante Bruxelas normas baseadas en estudos sólidos que eviten casos como o veto a artes selectivas e sustentables como o palangre de fondo
A titular de Mar salienta a responsabilidade e o compromiso do sector pesqueiro galego co cumprimento das normas e cunha pesca sostible que garanta o seu futuro