Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Trenor clausura os obradoiros de Santiago e Ames e anima os seus alumnos a aproveitar estes nove meses de formación para atopar un emprego
O delegado da Xunta destacou que na área de Santiago se impartiron 10 obradoiros nos que se cualificaron a84 desempregados en ámbitos con gran demanda de emprego
A Xunta anuncia que particulares e concellos poderán optar a partir do 20 de xullo a 11,5 M€ grazas ás axudas para rehabilitación enerxética do programa de Barrio
Ángeles Vázquez subliña que os municipios galegos con áreas de rehabilitación integral ou áreas Rexurbe xa declaradas poderán acollerse tamén a esta liña de incentivos grazas á insistencia e ás xestións realizadas polo Goberno autonómico
‘Vive Nigrán’ reúne durante tres días de concertos a Iván Ferreiro, Rigoberta Bandini, La Bien Querida e Miguel Ríos co apoio da Xunta
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director da Axencia Galega das industrias Culturais, Jacobo Sutil, participan na presentación deste festival adherido á marca de calidade FEST Galicia
O presidente da Xunta destaca a importancia da colaboración empresarial para impulsar o novo Servizo Público de Emprego co apoio da intelixencia artificial
Salienta que o emprego dun novo sistema de información pioneiro, baseado en analítica avanzada, permitirá mellorar a inserción ao sincronizar en tempo real a oferta de perfís coas necesidades laborais das empresas
A Xunta remata os traballos de mellora da depuradora dos Praceres, que permite un salto de xigante na calidade da auga da ría de Pontevedra ao conseguir eliminar o 90% de contaminantes
Vázquez Mourelle destaca que as obras, cun investimento de 16,5 M€, se centraron na mellora da liña de auga para cumprir os límites de vertido da lexislación europea
O programa de Coidados Porta a Porta da consellería de Política Social beneficiou en tres meses a 10.000 persoas de 150 concellos de Galicia
A través de unidades móbiles ofrécese aos maiores de 55 anos atención gratuíta en audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria
A Xunta destaca que o proxecto da planta de hidróxeno das Pontes describe o que para Galicia é unha transición enerxética xusta
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá nas Pontes á presentación do proxecto no que Reganosa e EDP Renovables prevén un investimento de 155 M€
Galicia seleccionada para participar na acción conxunta europea de transferencia de boas prácticas en atención primaria
O proxecto conta cun orzamento de máis de 12 millóns de euros e o conforman organizacións e servizos de saúde de 14 Estados membros
A Xunta ofrece ata decembro 201 funcións e concertos nos escenarios de 37 concellos membros da Rede Galega de Teatros e Auditorios
O circuíto de exhibición de espectáculos coordinado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades promove máis de 500 actuacións de 181 formacións artísticas en todo o ano
Fernández-Tapias destaca a regata Rías Baixas Xacobeo 2022 como vía para afianzar a Galicia “no foco mundial da náutica e o turismo”
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este martes na presentación do acordo co Real Club Náutico de Vigo para a celebración da emblemática proba