Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta invita os concellos da provincia de Ourense a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda
É o duodécimo encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra en Galicia, o primeiro na provincia de Ourense, e terá lugar o vindeiro mércores, 6 de xullo, ás 10,30 h, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
O Laboratorio de Consumo de Galicia recibe a visita de técnicos estremeños para coñecer de preto o seu traballo
Na visita dos profesionais do laboratorio Incoex ao centro situado na Coruña, enmarcada no programa de colaboración con diferentes laboratorios de toda España, puxéronse en común técnicas para a mellora da eficacia e a eficiencia das instalacións públicas de ensaio de produtos de consumo
A Xunta declara a firmeza do acordo da zona de concentración parcelaria de San Estevo de Pol
Dáse así un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, que beneficia 89 propietarios e afecta a unha superficie total de 354 hectáreas
Rueda destaca a aposta da Xunta polo turismo termal cunha liña de axudas de máis de 800.000 euros para que os concellos beneficiados melloren estes espazos de lecer e benestar
Salienta que as subvencións chegarán a catro concellos para facer melloras en sete instalacións
A Xunta participa na etapa final do Camiño de Santiago para persoas con discapacidad intelectual promovido por Special Olympics Galicia
A expedición, formada por peregrinos procedentes de entidades sociais de toda España, chegou onte á praza do Obradoiro e fixo hoxe unha última etapa simbólica entre o Monte do Gozo e a praza da Quintana.
A Xunta leva apoiados máis de 2.900 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona
Esta liña suma preto de 13 millóns de euros en axudas desde a súa posta en marcha en 2012, facilitando o acceso a diferentes servizos co asesoramento de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a dixitalización e a innovación
A Xunta pon de relevo no 8º Congreso forestal español o labor do Centro de Investigación Forestal de Lourizán en mellora xenética ou na recuperación do solo tras os lumes
Representantes deste centro dependente da Consellería do Medio Rural fixeron diversas presentacións no marco da cita que tivo lugar esta semana en Lleida
Un total de 2.275 alumnos poderán participar no novo programa ‘DixitalWeek’ da Xunta para mellorar competencias dixitais en inglés
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ten aberto o prazo para participar nesta iniciativa ata o vindeiro 9 de setembro
Recoñecemento internacional para a investigación do Sergas dirixida a minimizar os efectos nocivos da exposición á radiación
O Servizo Galego de Saúde, a través do Servizo de Radiofísica e Protección Radiolóxica da empresa pública de servizos sanitarios Galaria, acaba de ser premiado nun congreso internacional, dentro do proxecto europeo SINFONIA