Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e os Concellos afectados acordan pedirlle ao Goberno de España a retirada do novo mapa de concesións de autobús, que deixa a máis de 136.000 galegos sen parada e supón un ataque ao rural
Vázquez Mourelle adianta que o mércores trasladará na Conferencia Nacional de Transportes a oposición de Galicia ao deseño das novas rutas, que elimina as paradas de autobús estatal en 23 municipios da Comunidade
A Xunta inviste máis de 38.000 euros na mellora do edificio da asociación de veciños de Dornelas, en Mos
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a alcaldesa Nidia Arévalo asinaron hoxe o acordo para executar o proxecto de pavimentación, climatización e impermeabilización
A Xunta inviste 1,6 M€ en Ourense para apoiar os Centros de información á Muller e accións para previr a violencia de xénero e fomentar a igualdade e a conciliación
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe sobre a resolución do programa de axudas autonómico
A Xunta emite o informe favorable que posibilita a definitiva descatalogación do edificio de Correos na zona da Intermodal
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo remitiu hoxe ao Concello de Lugo o documento que expresa a conformidade de todos os informes sectoriais autonómicos
A Xunta apoia a novena edición dos premios Martín Códax da Música para contribuír á difusión e recoñecemento dos profesionais galegos do sector
A asociación Músicas Ao Vivo presentou os galardóns no Salón Teatro de Santiago, onde anunciou a creación de dúas novas categorías extraordinarias e a apertura do prazo de inscrición de proxectos entre o 11 e o 31 de xullo
Os taxis de Vigo amplían a súa aposta polo Xacobeo e xa son 220 os vehículos que divulgan o Ano Santo na cidade
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, agradeceu a Radio Taxi que se sume á iniciativa para contribuír ao desenvolvemento turístico da cidade e á posta en valor do Camiño Portugués da Costa
A Xunta destaca que a colaboración público-privada con Siemens, a Universidade da Coruña e Navantia será clave para impulsar a candidatura galega ao Perte naval a través da dixitalización e a innovación
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Ferrol na inauguración da Aula Navantia-Siemens
A Xunta declara a firmeza do acordo da zona de concentración parcelaria de Fonteo en Baleira
Dáse así un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, que beneficia 117 propietarios e afecta a unha superficie total de 147 hectáreas
Galicia defende a necesidade de contar cos mellores datos posibles á hora de tomar decisións na xestión pesqueira ante retos como o cambio climático
O Executivo galego destaca a importancia de que todas as normas que emanan da Unión Europea conten cun traballo rigoroso previo para que sexan acordes coa realidade do sector pesqueiro