Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta activa o convenio con Farmamundi para o fortalecemento do sistema de saúde no distrito de Alkahera no Iemen
A intervención permitirá apoiar dous centros de saúde para reforzar a subministración de medicamentos específicos para enfermidades crónicas e garantir atención médica á poboación
Artesanía de Galicia participa na Galicia Design Week cunha proposta que une gastronomía e produto feito á man
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta tarde na Coruña na performance protagonizada pola chef Lucía Freitas, pola ceramista Laura Delgado e pola cesteira Idoia Cuesta, impulsada pola Xunta de Galicia no marco do proxecto Artesanía no Prato
A Xunta organiza en Boqueixón un obradoiro práctico sobre as especies vexetais multifuncionais en agroecoloxía
O curso terá lugar os días 2 e 9 de xullo e impartirase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude
A Xunta investirá máis de 3,6 M€ na urbanización da ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia
O Consello de administración de Xestur acaba de autorizar a licitación das obras así como dos contratos de dirección facultativa e control de calidade correspondentes
A Xunta e o Concello de Aranga investirán máis de 123.000 euros no acondicionamento do núcleo de Montesalgueiro
A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado hai máis de 10 anos para apoiar ás entidades locais en proxectos que permitan mellorar as condicións e a calidade de vida da veciñanza, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 M€
A Xunta invita aos concellos da zona do Barbanza a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda
É o quinto encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia da Coruña e terá lugar o vindeiro luns, 27 de xuño, ás 10,30 h, no Casino de Noia, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
Están convocados a participar no foro, aberto ao público en xeral, concellos, empresas e entidades do sector pertencentes aos once municipios da comarca
O obxectivo desta iniciativa é informar das principais liñas de incentivos dispoñibles para facilitar o acceso dos cidadáns a un fogar e presentar a nova Oficina de rehabilitación de vivenda, un punto informativo habilitado polo Goberno galego para dar a coñecer os programas financiados con fondos europeos no eido residencial
Román Rodríguez anuncia un investimento de 735.000€ para a rehabilitación do instituto IES A Xunqueira I de Pontevedra
O representante da Xunta explica que esta obra se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, para o deseño de centros máis accesibles, amplos e flexibles
A Xunta aposta por un sector forestal sustentable e por un enfoque multifuncional para o monte galego
José González, acompañado polos directores de Planificación e Ordenación Forestal e da Axencia Galega da Industria Forestal, destacou a importancia deste eido produtivo para o rural da nosa comunidade
Puxo en valor o interese e o traballo da Xunta por implantar un Polo forestal en Palas de Rei (Lugo) capitaneado pola empresa Altri, cun investimento de 750 millóns de euros e con capacidade para xerar 2.500 empregos directos e indirectos
Diego Calvo recibe a membros do Parlamento Europeo no marco das xornadas sobre o Camiño e os roteiros culturais europeos
A recepción oficial no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela enmárcase na celebración das xornadas de estudo ‘Os Camiños de Santiago e outros itinerarios culturais: Visións desde Europa’ organizadas pola Xunta e un grupo de eurodeputados no Museo das Peregrinacións
A Xunta convocará unha nova edición do programa de formación dual para persoas con discapacidade para facilitar o acceso deste colectivo ao mercado laboral
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernánez-Tapias, visitou hoxe en Vigo a tenda de roupa Juan María by lolola na que se apoia o emprego inclusivo