Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/06/22 | 13:11 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o comportamento de récord do Camiño de Santiago co impulso do Xacobeo, logo de superar desde febreiro os rexistros do histórico 2019

Salienta a previsión de que esta fin de semana de xuño se alcance o mesmo número de peregrinos que no mes de xullo de hai dous anos

25/06/22 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Vieites e Pazos, ao seu paso polos concellos da Estrada e de Vedra

Estes traballos desenvólvense en distintos tramos dos ríos, que suman 2 quilómetros de lonxitude, coincidindo co seu percorrido por distintos lugares destes municipios

25/06/22 | 12:47 | C. de Economía e Industria

As Somozas incorpórase aos concellos emprendedores facendo así que a provincia da Coruña alcance os 40 municipios participantes

A localidade coruñesa súmase ao obxectivo da Xunta de Galicia para poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

25/06/22 | 12:37

A Xunta convoca esta fin de semana en Silleda a máis de 2.500 persoas para as probas de competencias clave en matemáticas e linguas

A cita cumpre a súa 16ª edición co obxectivo último de que as persoas que non contan co título da ESO ou de Bacharelato poidan acceder a cursos para obter certificados de profesionalidade que inclúen este nivel como requisito

25/06/22 | 12:30 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza visitas familiares ao centro de investigación forestal de Lourizán para descubrir a importancia dos recursos e a bioeconomía circular

Estas iniciativas están dirixidas a centros escolares de toda Galicia, e forman parte do convenio coa Federación empresarial e de serradoiros e rematantes de madeira de Galicia

25/06/22 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Comisión Fulbright seleccionan a cinco mulleres para completar os seus estudos en EEUU entre unha vintena de profesionais da cultura

Os cinco bolseiros que a partir de este verán se incorporarán aos seus destinos asistiron esta semana a unha xornada de orientación na Embaixada de Estados Unidos na que estivo o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila

25/06/22 | 11:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece o papel das entidades sociais e das persoas voluntarias na construción dunha Galicia mellor

Destaca que Galicia é unha comunidade solidaria na que máis de 52.000 persoas destinan o seu día a día en axudar aos demais

25/06/22 | 11:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Strategic Minerals avalían as oportunidades que mina Penouta abre para as cadeas de subministración de compoñentes tecnolóxicos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión con directivos desta compañía que presentaron o proxecto de sustentabilidade enerxética que prevén desenvolver en Viana do Bolo

24/06/22 | 16:36 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Boqueixón unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre os aspectos prácticos do manexo de forraxes en vacún de leite

O curso terá lugar os días 1 e 2 de xullo e impartirase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude