Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/06/22 | 17:15 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta o informe sobre custos de produción no sector da carne a representantes da distribución

Esta xuntanza forma parte da rolda de contactos que está levando a cabo a Consellería cos diferentes axentes deste eido produtivo para que dispoñan de datos sobre a situación actual de venda a perdas

15/06/22 | 15:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Presentado o maillot que levarán os líderes das ligas A, B e feminina da Liga Galega de Traiñeiras que comeza este sábado en Sanxenxo

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, valora a importancia das traíñas como "un deporte tradicional, un deporte fundamental que nos gusta a todos"

15/06/22 | 15:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o Día da Galeguidade Empresarial que promove o Foro Enrique Peinador

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa neste encontro que busca recoñecer o compromiso das empresas coa lingua galega

15/06/22 | 15:36

Lorenzana traslada á Asociación de Empresarias de Galicia o apoio da Xunta para potenciar o emprego e o emprendemento feminino

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro coa Asociación de Empresarias de Galicia no que destacou o potencial emprendedor da muller galega

15/06/22 | 15:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a Mostra de Teatro de Ribadavia na recuperación da súa dimensión internacional

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na presentación do programa desta 38ª edición, que se desenvolverá do 15 ao 24 de xullo baixo o lema ‘Actuando nas marxes’

15/06/22 | 15:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta remata a mellora do illamento do centro de día de alzhéimer de Lugo, no que investiu 100.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, visitou as instalacións, que contan con 40 prazas e ofrecen tanto servizos básicos de manutención ou transporte como terapéuticos

15/06/22 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O proxecto Innovaugas 4.0 da Xunta, premio á mellor iniciativa pública no sector da auga nos galardóns ‘Water Europe Innovation 2022’

Os premios promóveos a plataforma Water Europe, creada pola Comisión Europea e que congrega a 250 membros de 28 países que representan a toda a cadea de valor da auga

15/06/22 | 15:27 | C. de Sanidade

Ángeles Vázquez valora a conciencia solidaria da cidadanía galega que fixo máis de 3 millóns de doazóns de sangue desde 1993

Lembra a importancia de doar sangue como un xesto altruista grazas ao cal se poden salvar moitas vidas

15/06/22 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á difusión da música de Frei Rosendo Salvado cun concerto da pianista Andrea González no CGAC

A artista tudense actúa mañá en Santiago de Compostela no marco da xira de presentación do seu disco Salvado-Piano Works