Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O presidente da Xunta avanza a autorización da sinatura do convenio co Executivo central para executar o Plan para o acceso á Vivenda 2022-2025, cun orzamento de 106 M€
Subliña que, destes programas, os 4 que se convocarán no mes de xullo son as axudas directas ao alugueiro, os incentivos para compra de vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, o bono de alugueiro social e as axudas de accesibilidade
Rueda anuncia que a Xunta destinará máis de 41 M€ para a implantación da gratuidade para o 100% do alumnado nas escolas infantís de iniciativa social e nas privadas
Explica que se lle anticipará aos centros o 100% do crédito para o período de setembro a decembro e o 90% de xaneiro a agosto, co fin de facilitar a planificación do curso
A Xunta destina preto de 565.000€ para mellorar o equipamento de 7 polígonos empresariais da provincia de Ourense e construír 2 novos viveiros industriais
Gabriel Alén reuniuse co presidente da Asociación de Empresarios de Polígono Empresarial de San Cibrao, para anunciarlle a axuda concedida pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de preto de 40.000 euros para a mellora da rede troncal de videovixilancia do polígono ao abeiro da orde de parques empresariais de 2022
A Xunta abre a 10ª edición do programa ‘Cultura no Camiño’ coa convocatoria aos concellos das Rutas Xacobeas
Destina 230.000 á liña de subvencións á que poden optar as entidades locais para programar espectáculos de artes escénicas e musicais entre o 15 de xullo e o 10 de setembro no marco da celebración do Xacobeo 21-22
A Xunta licita por 340.000 euros a mellora da accesibilidade ao peirao de pasaxeiros e o acondicionamento da nave de redes do Porto de Bueu
A presidenta de Portos de Galicia subliña o esforzo inversor do ente público neste peirao, un dos de maior relevancia da provincia de Pontevedra
Emigración convoca o programa “conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América, percorran o Camiño de Santiago
O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior de entre 18 e 64 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo
A Xunta sinala que unha xestión eficaz dos riscos psicosociais nas empresas contribúe a crear contornas de traballo saudables e mellorar o benestar laboral
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na presentación do webinario Xestión da saúde mental na empresa no que asistiron máis de 150 persoas
Fernández-Tapias traslada á asociación Vigo Ship Repair a “estratexia naval 2022-2026” da Xunta para avanzar na competitividade do sector
A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo unha xuntanza cos representantes do colectivo para coñecer as súas iniciativas de fomento da reparación naval