Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O hotel Bela Fisterra recibe o certificado Galicia Calidade
Con esta nova incorporación son xa 12 os hoteis que contan con este selo de garantía no conxunto das 150 empresas certificadas
A Xunta colabora co Concello da Arnoia na mellora do pavimento e da accesibilidade no pavillón municipal de deportes
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as melloras levadas a cabo o ano pasado neste edificio ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público
Aberto o prazo para a incorporación de novos centros ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, Stembach, o próximo curso
Este programa educativo, que actualmente está implantado en 43 centros, inclúe a realización dun proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación
A Xunta enxalza o labor da autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao no control do tráfico marítimo e no incremento da seguridade na navegación
O novo radar do Faro de Roncadoira ten como fin contribuír a controlar o tráfico do porto de Alcoa e os fondeadeiros de San Román, na ría de Viveiro e dos Farallóns, fronte a San Cibrao
A Xunta destaca o valor inclusivo e cultural das linguas de signos españolas na celebración do seu día nacional
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participaron no acto conmemorativo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia
Ados conmemora o Día Mundial do Doante de sangue coa cifra récord de tres millóns de doazóns
O 14 de xuño establécese como a data para homenaxear aos doantes de sangue e concienciar á poboación sobre a necesidade de doar
A Xunta recoñece ao centro Aceesca do Porriño pola súa iniciativa para o alumnado de educación especial no marco do certame cooperativismo no ensino
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, visitou aos galardoados dunha das oito propostas recoñecidas neste certame
Galicia reduciu en 400 M€ a súa débeda no 1º trimestre e sitúase como a 3ª CC.AA. cunha menor ratio débeda/PIB
A ratio débeda/PIB de Galicia baixou de xaneiro a marzo 1,1 puntos, ata o 17,4%
Fernández-Tapias entrega dúas novas vivendas no casco vello e reclama ao concello que deixe de boicotear a rehabilitación do barrio
A presidenta do CCVV e delegada da Xunta en Vigo firmou ante notario a venda dos inmobles de San Francisco 15 e Poboadores 70