Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca que os 54 proxectos que xa participaron en High Tech Auto avalan o compromiso co talento e a dixitalización desta incubadora
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación da cuarta edición da iniciativa, á que se poderán presentar candidaturas ata o 21 de setembro
Galicia rexistra un total de 8.976 casos activos por coronavirus
Un total de 615.317 pacientes xa están curados
A Xunta e o Concello de Bande investirán máis de 125.000 € en reformar a Praza da Constitución, o entorno da biblioteca e a zona do mercado
A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado hai máis de 10 anos para apoiar ás entidades locais en proxectos que contribúan a dinamizar as vilas galegas e mellorar a calidade de vida da veciñanza, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 M€
A Xunta destaca a forte aposta de Galicia como potencia termal cunha gran oferta turística de calidade
A directora de Turismo, Nava Castro, participou na mesa redonda sobre “O turismo de saúde e benestar: situación, retos e oportunidades” no marco do VIII Curso de Verano da Universidade de A Coruña
A Xunta celebrará na Cidade da Cultura o Día da Música coa verbena urbana do compostelán Ortiga
Presentará en concerto o seu segundo disco, no que combina ritmos latinos e música urbana, acompañado no escenario por varios dos seus colaboradores habituais
O labor dos grupos de acción local do sector pesqueiro xerou máis de 230 M€ na economía galega en cinco anos
A Xunta salienta que os GALP da comunidade son referentes en Europa pola súa capacidade de xerar actividade económica ao seu arredor, con máis de 660 proxectos desenvolvidos desde 2016 e 4.600 empregos creados entre directos e indirectos
As longas subvencionadas pola Xunta ‘Unicorn Wars’ e ‘Os demónios do meu avô’ representan a España no festival de animación de Annecy
O Goberno autonómico colabora nas accións promocionais para poñer en valor estes filmes con selo galego durante o seu paso por esta importante cita internacional, para a que ambos proxectos poderán optar tamén ás axudas para a comercialización e difusión do noso audiovisual en eventos e mercados profesionais fóra de Galicia
Rueda resalta o impulso ao desenvolvemento rural do Programa Leader que mobilizou máis de 930 M€ no agro galego nos últimos 30 anos
Nas tres últimas décadas, o programa Leader permitiu apoiar 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros, así como consolidar case 6.000 empregos e crear máis de 5.000 novos
Galicia e Andalucía exploran vías de cooperación para impulsar a actividade industrial
A nova secretaria xeral de Industria da Xunta de Galicia, Paula Uría, e o secretario general de Industria y Minas da Administración andaluza, Cristóbal Sánchez, mantiveron unha reunión de traballo esta tarde en Sevilla