Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/06/22 | 16:45

A Xunta convoca axudas por un importe de 40.000 € para actuacións de mellora, conservación e divulgación das árbores e formacións senlleiras

O programa conta cunha liña dirixida a concellos e outra a persoas ou entidades propietarias dalgún elemento incluído no Catálogo galego de árbores senlleiras

13/06/22 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a consolidación da travesía a nado “Batalla de Rande” como unha das probas en augas abertas máis duras de Europa

A delegada territorial da Xunta presentou a décima edición da proba de natación que se disputará o vindeiro sábado, 18 de xuño, entre Cíes e San Simón

13/06/22 | 16:28

Rosa Quintana anima aos navegantes da travesía náutica xacobea a ser embaixadores do Camiño de Santiago por mar en todo o mundo

A comitiva, que partiu de Cádiz o pasado 28 de maio, chegará esta tarde a Santiago despois de navegar por augas de Andalucía e Portugal, facer escala en catro portos galegos e realizar unha última etapa a pé desde O Milladorio (Ames)

13/06/22 | 16:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Adega renovan a cooperación para fomentar entre a mocidade o coñecemento e o coidado dos recursos fluviais de Galicia a través do ‘Proxecto ríos’

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia con 50.000 € este programa de voluntariado e educación ambiental, que conta con apoio técnico do Instituto de Estudos do Territorio

13/06/22 | 16:13 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 8 de xullo

O DOG publica hoxe a convocatoria desta reunión que se celebrará a véspera do Día da Galicia Exterior e que, por primeira vez en dous anos, poderá ser presencial

13/06/22 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita o concello de Parada de Sil para supervisar as obras de recuperación do miradoiro de Triguás

Gabriel Alén lembrou que a Xunta destina nesta edición un millón de euros a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas

13/06/22 | 15:14 | C. do Medio Rural

A Xunta amosa a riqueza forestal de Galicia e a súa experiencia na loita contra os incendios a expertos chilenos que colaboran na mellora xenética do piñeiro

Os directores xerais de Defensa do Monte, de Planificación e Ordenación Forestal e da Axencia Galega da Industria Forestal recibiron esta mañá aos especialistas do país suramericano, que tamén coñeceron o Centro de Coordinación de loita contra os incendios forestais en San Lázaro

13/06/22 | 15:09 | A Presidencia da Xunta
13/06/22 | 14:58

A Xunta e os concellos costeiros impulsan unha fronte común para reclamar a xestión efectiva das competencias do litoral

Ángeles Vázquez reivindica que Galicia “pode e quere” xestionar as autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre, como fan Andalucía e Cataluña, pola súa proximidade e maior coñecemento da realidade litoral e do seu patrimonio
 
Rosa Quintana salienta que a transferencia á Comunidade das competencias en materia de litoral facilitaría a súa xestión e poñería fin aos constantes ataques do Goberno central contra o complexo mar-industria galego
 
As dúas responsables autonómicas avanzan que o Goberno autonómico empregará “todas as vías na súa man” ata conseguir completar a transferencia iniciada en 1985
13/06/22 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo reforzo da cooperación transfronteiriza a través da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, mantivo hoxe unha reunión co presidente da CCDR-N, António Cunha para, entre outros asuntos, abordar a nova convocatoria do POCTEP do período 2021-2027 co obxectivo de manter o liderado na captación de fondos europeos en proxectos transfronteirizos