Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta contribúe con 500.000 euros á reactivación da actividade de 38 compañías e de catro salas escénicas
Publícase na web da Agadic a adxudicación desta nova liña de subvencións para o impulso do sector escénico, dirixida ao fomento de residencias artísticas que relancen montaxes xa producidas
A Xunta apoia a iniciativa 'Estrelas Solidarias no Camiño' que reuniu a 16 cociñeiros Michelin e que hoxe dona 6.000 euros a Cáritas Santiago
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, asistiu á entrega da recadación do encontro gastronómico a Cáritas Santiago
Feijóo avoga por ampliar a Estratexia de desenvolvemento transfronteirizo coa inclusión do tren de alta velocidade Vigo-Porto e a posta en valor do Camiño Portugués
Apela a un maior compromiso co Corredor Atlántico de mercadorías, fundamental para todo o norte de Portugal e para todo o noroeste de España
O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 impulsa dúas novas iniciativas para promover a lingua galega e gastronomía
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe ‘Un mantel de contos’, que combina e pon en valor tradición oral e gastronomía da man dos lalinenses Celso Sanmartín e Diego López ‘Moli’
A Xunta prevé rematar a finais de ano as obras do primeiro albergue público de peregrinos de Vigo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a evolución dos traballos, aos que o Goberno galego destinará 1,8 M€
O Monbus disputa este sábado un partido dedicado á Ruta Xacobea no marco da iniciativa apoiada pola Xunta 'O Camiño acaba en Obradoiro'
O partido da Liga Endesa ACB Monbus Obradoiro e Acunsa Guipúzoca Basket estará dedicado ao Camiño de Santiago e a próxima celebración do Xacobeo 2021
Política Social apoia a limpeza da ruta inglesa a Santiago de Compostela ao seu paso por Ferrol a través do programa Iniciativa Xove
O programa de actividades inclúe unha campaña de promoción en redes sociais e a realización dun mural cunha mensaxe a prol da natureza no castro de Lobadiz
A Xunta e o Goberno portugués desenvolverán un protocolo para a programación do Xacobeo e a certificación dos camiños
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto á comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, reuníronse hoxe cos membros da Comisión de Certificación do Camiño de Santiago do Executivo de Lisboa
As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago en Conxo intensifican os traballos fronte ao mosteiro de Santa María para crear a pequena 'Praza do Obradoiro'
As tarefas no Campo de Conxo céntranse na colocación da pedra na parte máis próxima ao mosteiro para avanzar, a continuación, na urbanización da praza