Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/05/22 | 13:08 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na confección do Plan Monterrei a través dun activo proceso de participación pública

Inés Santé explicou os pasos que se están dando na confección deste plan, que busca dinamizar e valorizar a área suroriental da provincia de Ourense a través dunha planificación e xestión territorial integrada

13/05/22 | 13:07

A mellora da clasificación microbiolóxica de tres zonas de produción de moluscos de Galicia facilitará o labor das confrarías de Ferrol, Barallobre e Miño

Dúas desas áreas de traballo pasan de ser zona C, que require enviar o marisco a depuración natural mediante reinstalación en batea, a ser zona B, o que facilita a súa posta no mercado tras o paso por unha depuradora

13/05/22 | 13:00

Gabriel Alén subliñou o esforzo da Xunta nos cursos de formación para desempregados do sector da automoción

O delegado territorial subliñou que a Consellería de Emprego e Igualdade concedeulle nas dúas últimas convocatorias 16 cursos de formación para desempregados que sumaron un total de 6.914 horas lectivas e supuxeron unha achega de máis de 662.000 euros

13/05/22 | 12:56 | C. de Sanidade

A Xunta construirá en Montederramo un novo centro de saúde que cuadriplicará a superficie do actual

O delegado territorial explicou que este centro de saúde aparece recollido na Fase 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado pola Xunta de Galicia en outubro do ano pasado

13/05/22 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora con Gadis na campaña ‘Versos na rúa’ para dar a coñecer autores galegos ilustres

A iniciativa, que plasmará versos de oito autores representativos en pasos de peóns, muros e fachadas de edificios, forma parte dos actos con motivo do Día das Letras Galegas

13/05/22 | 12:37

A Xunta abre o vindeiro martes o prazo de solicitude das axudas para obras de rehabilitación enerxética en edificios e vivendas cun orzamento de case 23 M€

Ángeles Vázquez subliña que se trata do “maior orzamento da historia” para un programa de rehabilitación residencial, co que se apoiarán actuacións de renovación de fachadas e cubertas e a substitución de equipos de calefacción e de auga quente

13/05/22 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da diversificación do turismo galego para afrontar a estacionalidade

A directora de Turismo de Galicia impartiu hoxe unha conferencia na Facultade de Turismo da Universidade da Coruña

13/05/22 | 12:32 | C. do Medio Rural

Arranca a posta en produción con vacún en extensivo da aldea modelo de Meixide impulsada pola Xunta co concello da Veiga no marco da Lei de recuperación da terra agraria

Esta figura de posta en valor abrangue unha superficie de 71,25 hectáreas na contorna do núcleo de poboación que se persegue dinamizar, distribuídas en 646 parcelas de 151 propietarios

13/05/22 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa comunidade de augas de Vilaboa con diversas melloras nos depósitos de augas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego