Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Neuroburgas na atención ás persoas con enfermidades neurolóxicas
Lembra que o Goberno galego está a traballar nun plan de choque á dependencia que permita a creación de vías preferentes para que as persoas con doenzas graves reciban atención o antes posible
O deseño da Axenda de Capacidades entra na fase final tras a celebración das mesas sectoriais que definirán a formación que precisa o mercado laboral galego
As reunións das 9 mesas de traballo de sectores estratéxicos rematan hoxe e as súas conclusións incorporaranse á Axenda que se prevé completar antes do verán
A Xunta destaca o apoio ás persoas que máis precisan formación e un posto de traballo a través do Plan Emprega Discapacidade-Exclusión social
A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, visitou hoxe en Santiago de Compostela o autobús adaptado de Clece, que está a percorrer diversas cidades galegas para ofertar 280 postos de traballo
A Xunta recibe as ofertas de 6 empresas para a mellora do firme en seis estradas autonómicas de Pontevedra e do Salnés, que suporá un investimento de 1,3 M€
Intervirase na PO-300 ao seu paso por Meis, Cambados, Vilanova e Ribadumia; na PO-309 en Poio; na PO-312 e na PO-316 en dous treitos do Grove; na PO-308 en Sanxenxo; e na PO-531 en Pontevedra
Lete Lasa informa do modelo de xestión da Secretaría Xeral para o Deporte ante os alumnos de INEF
A pesar de “ter botado de menos ao CSD durante a pandemia” Galicia conseguiu grazas aos seus propios esforzos que, a peche de 2021, houbera 230.701 licenzas sendo a quinta comunidade en número de licenzas e en número de clubs
A Xunta contribúe á organización da Mostra (S8) na Coruña como cita de referencia do cine experimental
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da 13ª edición do certame, que do 27 de maio ao 5 de xuño proxectará 138 pezas, ademais de organizar live performances, talleres, encontros profesionais ou actividades en centros de ensino
A Xunta salienta a contribución da investigación académica para reforzar e poñer en valor o traballo das bandas de música galegas
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración do III Congreso Internacional de Bandas de Música, que se celebra no Conservatorio Superior de Música de Vigo co apoio da Xunta
A Biblioteca de Galicia celebra as Letras Galegas mostrando primeiras edicións da obra de Florencio Delgado Gurriarán
A exposición da Xunta dedicada ao autor de Valdeorras conta con arredor de 40 pezas, entre libros, xornais, CD´s ou revistas, dos fondos custodiados no Gaiás
A Xunta somete a información pública o cambio de clasificación da variante de Aradas, en Santiago, para adaptala á actividade económica e urbanística da contorna
O cambio de categoría é coherente coa funcionalidade da estrada e permite reducir a súa liña límite de edificación aos 15 metros, fronte aos 50 metros actuais, sen mudar a configuración da vía