Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/05/22 | 14:41 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo a estratexia de dinamización do sector lácteo e a súa aposta pola profesionalización mediante a mellora da xestión das explotacións e o valor engadido

José Balseiros destacou a iniciativa de Lence para o cálculo de custos nas granxas leiteiras de cara a aumentar a súa rendibilidade, na liña do que xa vén permitindo a aplicación Conta Láctea implementada polo Goberno galego no marco da Estratexia

11/05/22 | 14:36

A Xunta destinará 185.000 € a partir de xuño a restaurar a vexetación de Ribeira e eliminar especies invasoras ao longo de 3 km do río Tambre

Ángeles Vázquez avanza que os traballos teñen un prazo de execución de 4 meses, polo que estarán rematados antes de que remate o ano

11/05/22 | 14:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas de empresas para executar a senda que unirá A Casilla, O Araño e Burés, no Concello de Rianxo, cun investimento de máis de 500.000 €

Executarase o itinerario pola marxe dereita desta vía autonómica, coa finalidade de fomentar a mobilidade alternativa e acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado diario que actualmente existe entre os núcleos de Burés e A Casilla

11/05/22 | 14:33

A Xunta concede ao concello de Lobeira unha axuda de máis de 16.000 euros para mellorar o exterior do edificio de protección civil

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver as solicitudes de axudas dirixidas a entidades locais para emendar e corrixir os impactos paisaxísticos que causan na contorna edificios e equipamentos públicos municipais

11/05/22 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A asociación cultural Ponte...nas ondas! Presenta o proxecto dixital ‘Memoria e patrimonio’ co apoio da Xunta

A iniciativa foi realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022

11/05/22 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca máis dun milleiro de prazas de formación en idiomas para o sector turístico galego no Xacobeo máis internacional

Os cursos van dirixidos aos profesionais do sector turístico a través da súa plataforma de Teleformación e contan máis dun 20% por riba das vacantes de 2020

11/05/22 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Axega recibe o recoñecemento ao progreso e desenvolvemento do seguro nos “premios Galicia Segura 2022” da Fundación Inade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na mesa “Diálogos: Valores profesionais e humanos” previa á cerimonia de entrega de premios

11/05/22 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O bono turístico “QuedamosenGalicia22” xa ten adheridos 60 establecementos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte

O delegado da Xunta e o alcalde da Laracha visitaron esta mañá, Casa Lugar de Trasende, un dos locais dispoñibles na selección deste bono

11/05/22 | 14:03 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta subliña o seu compromiso para garantir servizos financeiros de calidade a todos os cidadáns con independencia do seu lugar de residencia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou hoxe os novos servizos financeiros apoiados pola Xunta postos en marcha no Páramo (Lugo)