Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/05/22 | 16:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta lamenta o pasamento de Alfonso Posada e transmite o pésame ao atletismo olívico pola perda dun home 'que foi todo o que se podía ser no deporte'

Alfonso Posada recibiu da man do presidente da Xunta de Galicia a distinción ao mérito deportivo de Galicia que recoñece ás persoas e institucións que destacan pola súa labor a favor da promoción e o fomento do deporte e a educación física na comunidade autónoma galega

11/05/22 | 16:29

A Xunta pon en valor a historia e o patrimonio da Illa de Ons tras o descubrimento de achádegos da época romana cun proxecto arqueolóxico

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández, e do investigador Adolfo Fernández, presentou os resultados do proxecto de investigación arqueolóxica

11/05/22 | 16:14 | C. de Sanidade

O Sergas incorpora 28 farmacéuticos de atención primaria durante o mes de maio

A actividade principal destes profesionais céntrase en mellorar a seguridade, efectividade e eficiencia do uso de medicamentos e produtos sanitarios

11/05/22 | 15:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará dez novas unidades de atención temperá para reforzar e estender a rede pública autonómica a 29 novos concellos

As instalacións darán cobertura a case tres decenas de municipios das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, todos os que o solicitaron

11/05/22 | 15:11 | C. de Economía e Industria

Retiro da Costiña recibe o selo de garantía de Galicia Calidade que certifica o seu compromiso coa innovación e a excelencia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destaca o esforzo do restaurante de Santa Comba pola mellora continua e a aposta polos produtos de proximidade

11/05/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta o éxito da iniciativa do Escape Room para difundir as rutas e os valores xacobeos

A directora de Turismo, Nava Castro, presentou hoxe no albergue de peregrinos de Samos xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o xogo de escapismo, que acollerá varias sesións da segunda fase desta iniciativa

11/05/22 | 15:02 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Copa de España de Ciclismo pasa por segundo ano consecutivo por Galicia para mostrar “o incrible potencial dos equipos galegos”

O secretario xeral para o Deporte destaca tanto “a beleza como a dureza” da última proba da Copa de España que subirá montes como o Galiñeiro, a Grova ou o Aloia e que será a proba con maior distancia (190 quilómetros) e con maior desnivel acumulado (4.200 metros) do calendario nacional

11/05/22 | 14:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Madrid as capacidades e oportunidades do Polo Aeroespacial de Galicia no congreso profesional de sistemas non tripulados DRONEXpo

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nunha mesa redonda sobre liñas de financiamento

11/05/22 | 14:56 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e a Fundación Vodafone recoñecen cos premios Superreto Digicraft aos centros educativos Javier Sensat de Vigo e Virxe da Cela de Monfero

A directora da Amtega e o secretario xeral de Educación, e a directora da Fundación Vodafone entregan os galardóns da segunda edición do Superreto DigiCraft no marco do I Congreso Innova Dixital da Xunta

11/05/22 | 14:47

A Xunta licitará este mes as obras de mellora do bordo da praia do cruceiro en Porto do Son

Ángeles Vázquez lembra que a Xunta achegará o 70% dos preto de 263.000 euros necesarios para a materialización desta intervención, que se iniciará despois do verán