Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os técnicos de saúde do Sergas realizan preto de 37.000 xestións nos seus primeiros meses de traballo
Desde o pasado 21 de febreiro, os profesionais de apoio do Servizo Galego de Saúde accederon a un total de 32.513 historias clínicas de pacientes covid para valoración e seguimento; realizaron 3.432 xestións relacionadas con incapacidades temporais e elaboraron 974 informes médicos vencellados co coronavirus
Sanidade conmemora o Día Internacional da Enfermería co agradecemento ao persoal composto por máis de 11.700 profesionais do Sergas, aos que se sumarán proximamente outros 1.952
O número total de prazas convocadas na actualidade en OPE é de 1.070 con prazo aberto e inscrición que finalizará o 15 de xullo
O espectáculo musical de Roi Casal ‘Son galego, son cubano’ en homenaxe a Xosé Neira Vilas chega o venres a Rodeiro co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación do concerto, que pon de manifesto a histórica relación entre Galicia e Cuba con letras do escritor de Vila de Cruces
Fernández-Tapias destaca o éxito da Primavera Xove 2022 como alternativa de ocio segura para a xuventude viguesa
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este mércores no encontro informativo e de networking que permitiu dar alternativas ás mozas e mozos de entre 18 e 30 anos durante os meses de abril e maio
A Xunta concede a 16 concellos de Lugo 240.000 euros para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos municipais
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver as solicitudes presentadas na convocatoria de 2022 por parte das entidades locais da liña de axudas destinada a instaurar o ‘fermosismo‘
Os 'Encontros nos campus universitarios' da Xunta achegan á mocidade a experiencia de profesionais en eidos como a cultura e a creatividade
Profesionais de diferentes eidos como a comunicación, o medio ambiente ou a educación emocional imparten charlas á mocidade na Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo
A Xunta expón a súa aposta pola economía azul e o crecemento sostible nas Xornadas de enxeñería de costas e portos
A presidenta de Portos de Galicia participou na apertura do congreso que celebra en Vigo a súa vixésimo sexta edición, á que o ente público contribúe con catro conferencias relacionadas con dragaxes, modelos de predición marítima nos peiraos e melloras nas instalacións portuarias
As unidades móbiles do programa Coidados porta a porta da Xunta atenderon en catro días a máis de 120 usuarios de Foz e Trabada
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, salientou a elevada demanda que está a ter o servizo, que permanece ata mañá en Ribadeo e Barreiros e a continuación desprazarase a Lourenzá e Riotorto
A Xunta anima os concellos galegos a sumarse á campaña internacional Quere o teu mercado
A Administración autonómica promove a celebración en Galicia desta iniciativa o vindeiro 28 de maio co obxectivo de atraer clientela aos mercados e prazas de abastos e resaltar os valores da compra local