Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/05/22 | 10:10 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.728 casos activos por coronavirus

Un total de 572.684 pacientes xa están curados

04/05/22 | 20:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o perfil internacional do Festival Play-Doc e o seu apoio ao audiovisual galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións participa en Tui na inauguración do evento, que desenvolverá a súa 18ª edición ata o 8 de maio

04/05/22 | 19:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a apertura, a vindeira semana, do primeiro albergue de peregrinos do Camiño de Inverno no Saviñao

Confirma que a este centro de peregrinos se sumará outro en Carballeda de Valdeorras

04/05/22 | 19:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Galaxia inauguran a exposición ao redor das Letras Galegas ‘Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’

O secretario xeral de Cultura e o secretario xeral de Política Lingüística participan na apertura da mostra enmarcada na programación da efeméride

04/05/22 | 19:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica localiza en Carballo outro depósito clandestino con vehículos para despece

A nave industrial e a nova finca localizadas súmanse ás tres parcelas identificadas o pasado abril con máis dun milleiro de vehículos fóra de uso

04/05/22 | 18:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega á mocidade alternativas de ocio formativo a través dos 'Encontros e Networking nos campus universitarios'

Profesionais de diferentes eidos como a comunicación, o medio ambiente ou a educación emocional imparten charlas á mocidade na Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo ao abeiro do programa Primavera Xove

04/05/22 | 18:22 | C. de Sanidade

Os servizos de cirurxía otorrinolaringolóxica, anxioloxía e cirurxía vascular do Sergas rexistran os mellores tempos de espera do Sistema Nacional de Saúde

Na especialidade cirúrxica de Anxioloxía e Cirurxía vascular, o Servizo Galego de Saúde rexistra os mellores datos de espera media con 52 días, moi por debaixo das restantes comunidades autónomas

04/05/22 | 17:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o esforzo da Xunta para modernizar a administración e dotar a Vigo coa mellor infraestrutura xudicial

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este mércores na inauguración do XVI Congreso de Letrados da Administración de Xustiza

04/05/22 | 17:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez refírese á innovación como o factor diferencial para garantir a calidade da educación

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións inaugura o V Encontro de Experiencias EducaTIC 2022 en Arteixo