Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/05/22 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica 1,2 M€ en axudas para modernizar 46 teatros, auditorios e salas de toda Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica na súa web a concesión da primeira convocatoria do programa para a mellora das infraestruturas de artes escénicas e musicais, da que se benefician 26 entidades privadas e 20 públicas

04/05/22 | 14:19

Os apoios da Xunta para o emprego e a consolidación da economía social en Galicia superan os 35M€ en 2002

A conselleira de Emprego e Igualdade en funcións, María Jesús Lorenzana, puxo hoxe de relevo o forte impacto económico de máis de 850 millóns de euros que a economía social supón na comunidade, no acto de presentación dun informe sobre este sector

04/05/22 | 13:56 | C. de Política Social e Igualdade
04/05/22 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que o Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC difundirá as vantaxes da aplicación destas tecnoloxías en todo o tecido empresarial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, participou hoxe na Coruña no inicio das obras deste edificio, que funcionará como unha xanela única para o sector

04/05/22 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a industria de enerxías renovables impulsan a colaboración en proxectos de innovación na FP

O obxectivo é desenvolver másteres de FP para a atender a demanda de profesionais en sectores emerxentes como o big data, a intelixencia artificial ou a robótica entre outros

04/05/22 | 13:40

A Xunta relanza a campaña 'Vai de peixe' para mostrar aos 'millennials' con persoeiros relevantes das redes sociais os beneficios de consumir produtos do mar

A conselleira do Mar en funcións e o conselleiro de Sanidade en funcións participaron na presentación desta iniciativa para promocionar os produtos do complexo mar-industria de Galicia e axudar a crear hábitos de vida saudables entre a poboación de 18 a 35 anos

04/05/22 | 13:31 | C. do Medio Rural

Arranca o I Congreso Internacional de Innovación “Spin Rural” organizado pola Xunta

A benvida aos participantes neste evento, que se desenvolve no pazo de Xerlís, na Estrada, correu a cargo da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

04/05/22 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora con Afapo para tratamentos e terapias de enfermos de alzhéimer e as súas familias cunha achega anual de 331.000€

O delegado territorial, Luis López, informou da concesión da partida para este ano nunha visita ás instalacións terapéuticas e o centro de día da entidade en Pontevedra, onde foi recibido polo presidente, José Fontenla