Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/05/22 | 14:23 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Camariñas, parroquia de Camelle

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas

02/05/22 | 14:11

A Xunta asumirá o 100% do custo do novo PXOM de Monterrei cunha achega de case 130.000 euros

Ángeles Vázquez anima ao rexedor a traballar para sumarse aos 113 municipios galegos que xa contan cun planeamento adaptado ao marco normativo urbanístico de referencia

02/05/22 | 13:54 | C. de Sanidade

A Xunta chega xa aos 117 novos profesionais contratados ao abeiro do Plan de saúde mental de Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita ao persoal incorporado á nova unidade de saúde mental de adultos en Ponteareas, que comezou a funcionar o mes pasado

02/05/22 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve necesario que o Goberno central traballe da man do tecido empresarial e das autonomías para facer unha xestión útil dos fondos europeos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, e a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron esta mañá nunha xornada de AJE Galicia sobre fondos Next Generation e axudas para autónomos e pemes

02/05/22 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 600 aspirantes participan nas probas físicas do proceso selectivo para cubrir 129 prazas de auxiliares de Policía Local nunha trintena de concellos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos convocados que realizan este primeiro exercicio do proceso selectivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

02/05/22 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta propón o inicio do vindeiro curso escolar o 8 de setembro en todas as etapas

A unificación da data de comezo das clases no calendario escolar facilita a conciliación da vida laboral e familiar

02/05/22 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que a Xunta executará ou activará 10,1 M€ en investimentos ao longo deste ano no concello de Marín

O delegado territorial presidiu esta mañá a sesión mensual da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, celebrada no Museo Municipal Manuel Torres ao abeiro do seu percorrido itinerante pola provincia, que xa a levou por Oia, Covelo, O Grove, Campo Lameiro e Lalín

02/05/22 | 12:47

A Xunta convocará este mes as axudas para mozos menores de 35 anos que compren a súa primeira vivenda nun concello de menos de 10.000 habitantes

Estes incentivos, que poden chegar aos 10.800 euros por inmoble, serán de aplicación en 257 municipios galegos, 14 deles pertencentes á área da Costa da Morte

02/05/22 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

Chega a Vigo a unidade móbil de información aos refuxiados ucraínos, impulsada pola Xunta

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, presentaron hoxe esta oficina itinerante

02/05/22 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita á Secretaría de Estado de Turismo a paralización da nova norma de rexistro de viaxeiros

A través de Turismo de Galicia, o Goberno galego alíñase coa oposición do sector á proposta de normativa tanto pola falla de transparencia e consenso co sector como polo incremento na recolla de datos.