Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/05/22 | 12:04 | C. de Economía e Industria

Un sistema automatizado para a medición da calidade da auga é a primeira solución con vehículos non tripulados que a Xunta pon en marcha para mellorar a prestación dos servizos públicos galegos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana; asistiron hoxe no porto de Muros a unha demostración do funcionamento deste novo servizo que permite realizar mostraxes en augas marítimas costeiras e en encoros

03/05/22 | 11:55 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo en Córdoba o traballo do Centro de Investigación Forestal de Lourizán a prol da recuperación dos terreos afectados polo lume

A investigadora Cristina Fernández foi a encargada de presentar -no IV Taller de leccións aprendidas sobre os incendios forestais- os avances acadados na nosa comunidade para mitigar o risco de erosión

03/05/22 | 11:43 | C. do Medio Rural

A Xunta estrea a nova Oficina Agraria Comarcal de Caldas tras acometer a súa remodelación cun investimento de 72.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Juan Manuel Rey, visita esta nova dependencia, emprazada no edificio municipal da Escola de Música e o Obradoiro de Emprego

03/05/22 | 11:37 | Secretaría Xeral de Emigración

Secundar a construción dun memorial aos galegos que traballaron na Canle e o apoio ás colectividades do exterior, eixos da viaxe de Emigración a Panamá e México

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo diversas reunións coas principais entidades galegas nestes dous países e asistiu á cea de gala organizada pola Fundación Nosa Terra, impulsora da posta en marcha da escultura que recordará aos 8.000 operarios galegos que a comezos do século XX colaboraron na construción da canle que une o Atlántico co Pacífico

03/05/22 | 11:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoiará con máis de 54.000 euros a dúas entidades de iniciativa social de Ferrol na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe a asociación Patronato Concepción Arenal beneficiaria dunha axuda de 40.000 euros

03/05/22 | 10:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez refírese á rehabilitación integral do colexio CEIP Virxe do Corpiño como exemplo do compromiso educativo da Xunta con Begonte

Investiuse máis de medio millón de euros para renovar por completo varias estancias baixo criterios de eficiencia enerxética e accesibilidade adaptando os servizos educativos ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

03/05/22 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A réplica da maqueta do Plan Palacios exhíbese desde hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Vigo

A delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, xunto co alumnado do IES Politécnico de Vigo e o seu director, Eulogio Leites, presentaron hoxe a peza que permanecerá na sede autonómica

03/05/22 | 10:48 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.206 casos activos por coronavirus

Un total de 570.079 pacientes xa están curados