Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/05/22 | 15:49

Galicia defende unha futura Política Común de Pesca que aposte polo comercio pesqueiro xusto

A comunidade galega traballa na compilación das propostas de Galicia de cara á revisión da Política Pesqueira Común e na definición dunha estratexia para o desenvolvemento dunha economía azul sustentable co fin de afianzar un futuro adecuado ás circunstancias e demandas da súa cadea mar-industria

03/05/22 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Roman Rodríguez salienta a singularidade do Festival de Cans como valor de marca para o audiovisual galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións intervén na presentación da 19ª edición do evento do Porriño, que se celebra do 17 ao 21 de maio e coa que se sitúa entre os 11 certames audiovisuais subvencionados este ano pola Xunta a través dunha convocatoria dotada con 210.000 euros

03/05/22 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de execución do acceso provisional a Folgoso do Courel para restituír o tráfico na estrada LU-651

A intervención comezará de forma inmediata e estará rematada a finais de xuño, ao ter un prazo de 6 semanas aproximadamente

03/05/22 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na biofábrica de fibras téxtiles un proxecto que contribuirá á transformación industrial ao xerar valor en toda a cadea forestal de Lugo e Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron esta mañá xunto co conselleiro delegado de Altri, Jose Soares, e a directora xeral da Sociedade Impulsa Galicia, Enyd López, nun encontro informativo

03/05/22 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Comisión Europea abordan as consecuencias sociais e económicas da transición ecolóxica

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugura o cuarto encontro do ano do ciclo "FGE | NextGeneratiOn Galicia", organizado pola Fundación Galicia Europa

03/05/22 | 14:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de Galicia TurisTIC como polo tecnolóxico capaz de impulsar a dixitalización do sector, crear emprego de calidade e reter talento

O director do Igape, Fernando Guldrís, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asisten á inauguración das instalacións do novo Centro de Servizos Avanzados en Vilagarcía de Arousa

03/05/22 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a colaboración entre a Xunta e o Concello de Cenlle para transformar a travesía de Trasariz nunha rúa máis segura, funcional, accesible e humana, tras un investimento de máis de 170.000 €

Executouse un itinerario ao longo dos 450 metros que unen un tramo antigo da estrada N-120 co núcleo de Trasariz, proporcionando o tránsito máis cómodo e seguro dos peóns e mellorando a accesibilidade

03/05/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O ciclo “Xacobeo importa” presenta o seu cartel completo con concertos ata outubro en cinco cidades

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou o cartel de actuacións nun acto no que estivo acompañada pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey

03/05/22 | 13:50

A Xunta escoita as achegas do Colexio Galego de Enxeñerías á futura Lei de arquitectura

A norma segue neste momento o seu proceso de redacción, incorporando alegacións e suxestións antes de proceder ao trámite da fase intermedia

03/05/22 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón un Escape Room sobre o Camiño Francés no albergue público de Samos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación desta iniciativa, que sumará máis de 500 participantes en preto de 80 sesións