Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/05/22 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os 123 alumnos da 14ª promoción de Policía Local inician a súa formación na AGASP para reforzar os cadros de persoal de máis dunha trintena de concellos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos alumnos que están a comezar a primeira parte da formación teórica antes de incorporarse no verán a realizar prácticas nos seus concellos

03/05/22 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 2,6 M€ nas obras de mellora e acondicionamento da estrada LU-710, desde a intersección da N-VI ata o enlace coa A-6, en Baralla

Ensancharase e mellorarase a vía ao longo de 4,5 km, dotándoa dunha plataforma ampliada a 7 metros, cun carril por sentido de 3 metros cada un

03/05/22 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima a empresas e autónomos a solicitar o Bono Enerxía Peme para impulsar o aforro e para mellorar a eficiencia enerxética dos seus locais

Trenor informou que a convocatoria reserva dous millóns de euros para melloras de envolvente, iluminación, instalacións eléctricas e equipamentos no comercio, a hostalería, as actividades artístico-recreativas e outros servizos

03/05/22 | 13:16

Lorenzana destaca na súa visita a Congalsa que a área de Emprego e Igualdade da Xunta está a destinar máis de 16 M€ en 2022 para promover medidas de conciliación

Na súa visita de hoxe á firma pobrense, a conselleira de Emprego e Igualdade en funcións salientou que a Xunta está a crear, co diálogo social, unha certificación galega da excelencia para recoñecer as boas prácticas en materia de igualdade laboral

03/05/22 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co porto de Vigo na remodelación da súa fachada marítima co novo paseo das Avenidas

O vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, participou hoxe na inauguración da nova pasarela, da que destacou que permitirá comunicar o porto coa cidade e ofrecer unha boa imaxe aos turistas que chegan a Galicia neste Xacobeo a través deste peirao

03/05/22 | 13:00

A Xunta destinará 475.000 € a restaurar a vexetación de ribeira, eliminar especies invasoras e retirar obstáculos ao longo de 31 km do río Sor

A intervención, que comezará sobre o terreo a mediados de maio, está enmarcada no proxecto Mil Ríos, cun orzamento global de 5 M€ procedentes de fondos europeos e que busca optimizar a resposta de 50 canles fluviais galegas ante o cambio climático

03/05/22 | 12:52

O edificio de 24 vivendas públicas da Xunta no Castiñeiriño, en Santiago, acada o 20% da execución

Na actualidade, estanse a realizar os traballos de cimentación do inmoble que acollerá vivendas de dous, tres e catro dormitorios

03/05/22 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar a mellora do firme na estrada OU-533 ao paso pola Gudiña, o Bolo e Viana do Bolo, que suporá un investimento de case 1,4 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras en verán co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano

03/05/22 | 12:20

A Xunta aproba a delimitación do núcleo rural de O Pereiro, no concello de A Mezquita

Trátase dun ámbito de máis de 41.000 m2 que se atopa a dous quilómetros da capital municipal

03/05/22 | 12:20

A Xunta amplía ata os 2,4 M€ as axudas para mellorar a imaxe exterior de edificios e equipamentos en resposta á boa acollida da convocatoria deste ano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as Resolucións polas que se incrementa o orzamento das liñas de crédito das subvencións para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e vivendas particulares ou en edificios públicos