Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

25/05/21 | 14:29

Galicia, Castela e León, Asturias e Cantabria recorrerán no Tribunal Supremo a orde do Goberno central de inclusión do lobo na Listaxe de protección especial se non dá marcha atrás

Solicitan a retirada “inmediata” da orde e piden a constitución dunha mesa de traballo na que se debata “todo, sen ningunha liña vermella”, co fin de actualizar o censo nacional e consensuar a Estratexia de conservación e xestión

25/05/21 | 13:20

A Xunta modificará as normas técnicas de planeamento para facilitar a súa aplicación e resolver dúbidas interpretativas

Os cambios responden á experiencia adquirida desde que entrou en vigor, tras detectar que hai marxe de mellora para adaptalas ás posibilidades tecnolóxicas

24/05/21 | 14:57

A Xunta solta o azor ferido en Nigrán tras completar a súa rehabilitación no centro de recuperación da fauna de Carballedo

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata Monteferro na localidade de Nigrán onde foi devolto ao seu hábitat de orixe

24/05/21 | 14:42

Ángeles Vázquez salienta a achega de Galicia no obxectivo de preservar unha Europa máis verde para as próximas xeracións

A responsable de Medio Ambiente subliña as medidas económicas e de ordenación impulsadas polo Goberno galego, cun investimento de máis de 5,3 M€ nos dous últimos anos para preservar os parques naturais

24/05/21 | 14:05

A Xunta aproba a modificación puntual das normas urbanísticas de Cambre no ámbito da N-VI para potenciar a economía local

Os cambios propostos polo Concello afectan sobre todo ao núcleo urbano do Temple xa que se delimita novo solo urbanizable para usos terciarios co fin de reforzar e consolidar esta zona como eixo de diferentes actividades económicas

23/05/21 | 10:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treitos interurbanos do río alvedosa no concello de Pazos de Borbén

Os traballos estanse a desenvolver nun tramo de máis de 1,1 km de lonxitude ao seu paso pola parroquia de Amoedo

21/05/21 | 13:02

A Xunta publicará ao longo deste ano unha guía para descubrir a paisaxe galega desde a bicicleta a través de máis dun cento de rutas e 8.000 km

Ángeles Vázquez salienta o impulso do Goberno galego ao cicloturismo, unha alternativa turística sostible, integradora e saudable que non entende de idades

21/05/21 | 12:20

A Xunta licitará a urbanización da ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia por máis de 3,6 millóns de euros

A ampliación do parque empresarial ocupará un total de 118.695 m2 e contará con 23 parcelas

19/05/21 | 18:23

A Xunta adxudica o contrato para a actualización do estudo poboacional do lobo ibérico en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente expresa a súa “sorpresa e indignación” polo anuncio feito hoxe e as formas do Goberno central respecto á inclusión do lobo na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial