Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

30/11/22 | 17:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa no XXII Congreso Estatal de Voluntariado celebrado en Tenerife

Durante a cita farase entrega dos Premios Estatales de Voluntariado 2022

30/11/22 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca o elevado grao de atención e eficacia da Policía Autonómica a prol da seguridade en Galicia

Na entrega das medallas da unidade policial sinalou como piares básicos de actuación a loita contra os incendios forestais e o furtivismo, a protección das vítimas de violencia de xénero e dos menores e o servizo de prevención no Camiño de Santiago

29/11/22 | 16:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a implicación de Congalsa en iniciativas que facilitan a inserción laboral da mocidade

O obxectivo do programa é favorecer a transición da vida académica ao emprego de mozas e mozos de entre 18 e 30 anos de idade

29/11/22 | 14:13 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

Gabriel Alén salienta a necesidade de diminuír o número de rapaces e rapazas con problemas de sobrepeso e de obesidade

O delegado territorial explicou que a obesidade é un problema de saúde pública entre os máis cativos que cómpre afrontar
 

29/11/22 | 12:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúne a expertos no ámbito da infancia para tratar estratexias fronte situacións de abusos sexuais

Ao redor dun centenar de profesionais do eido social, educativo, xurídico ou sanitario déronse cita neste encontro formativo

28/11/22 | 13:34

Lorenzana sinala que preto dun terzo do orzamento da área de Emprego para 2023 destínase á Economía Social

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade destacou hoxe os valores que promove este modelo de negocio na presentación do Informe economía social en Galicia 2021 elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos coa colaboración das universidades e co apoio da Xunta
 

27/11/22 | 10:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’, que ofrece estadías 100% gratuítas a persoas maiores durante estas datas

A inscrición permanecerá aberta ata o 5 de decembro e as persoas beneficiarias deberán ter máis de 60 anos e estar empadroadas nun concello galego