Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fernández-Tapias celebra a “maioría de idade” da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia “en plena efervescencia cultural”
A delegada territorial de Xunta en Vigo deu a benvida ao director cultural da Biblioteca Nacional de España, Ángel Martínez Roger, que impartiu a lección inaugural do curso académico da ESAD
A Xunta inviste 600.000 euros na formación dirixida aos axentes sociais para impulsar a igualdade laboral a través da negociación colectiva e o diálogo social
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe en Santiago de Compostela na apertura dun seminario que apoia a Xunta sobre fenda salarial, igualdade retributiva e auditoría salarial organizado pola CEG
A Xunta convoca para os días 2 e 3 de novembro as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril
Os exames realizaranse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago, e efectuaranse por quendas, en xornada de mañá, segundo o tipo de exame a renovar ou obter
A Xunta financiará en Lugo case 200 cursos de formación para persoas desempregadas, nos que inviste 8,4 M€
Ofrecerán preto de 3000 prazas en especialidades con boas perspectivas de empregabilidade, como a industria 4.0, as competencias dixitais ou a atención sociosanitaria
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que son destinatarios preferentes os traballadores en ERTE e con discapacidade física, psíquica ou sensorial
A Xunta celebrou unha xornada técnica sobre as posibilidades do cultivo in vitro para soutos novos de castiñeiros
Durante o acto explicouse como o emprego destas técnicas poden acelerar o proceso de transferencia ao sector de plantas libres de patóxenos e con elevada multiplicación vexetativa
O orzamento da Consellería do Mar no eido formativo sobe ata os 10 M€ en 2023
A titular de Mar salienta a importancia de facer un esforzo neste ámbito, que concentra preto do 5% do orzamento total, malia as dificultades económicas para dar resposta ao reto da remuda xeracional ao que se enfronta o sector
A Xunta abrirá dous novos polos de emprendemento en Valdeorras e Miño Central que xunto co de Verín ofrecerán servizos ao 100% dos concellos ourensás
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na xornada de clausura do coworking que a Xunta activou na Rúa e no que se prestou asesoramento a vinte proxectos empresariais
A Xunta organiza en Trazo e Curtis dous cursos sobre competencias empresarias nas explotacións gandeiras
A formación de Trazo ten previsto comezar o vindeiro martes 25 de outubro, mentres que a de Curtis empezaría o mércores 26 de outubro
Fernández-Tapias visita aos alumnos que se forman no CPIF de Coia en automatización industrial
A delegada da Xunta en Vigo e a directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zelia Lado, acudiron este luns ao Centro Público Integrado de Formación onde se imparte o curso sobre linguaxe de programación
A Xunta amplía a rede de orientación persoal e familiar a 42 centros que exercen de coordinadores para apoio ao alumnado con máis dificultades
Esta iniciativa pioneira, que arrancou o ano pasado, acadou no seu primeiro curso de funcionamento preto de 500 alumnos atendidos de máis de 300 colexios e institutos