Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Oficina Integral de Asesoramento e seguimento ao retorno en Santiago atendeu a case 4.100 familias para facilitar a integración dos galegos retornados na súa contorna
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a oficina situada no edificio Xera, que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos do exterior en todo o seu proceso de retorno
A Xunta aproba o proxecto construtivo de reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52
Restituirase o acceso deste camiño local ao novo trazado da estrada provincial OU-0516, executando un novo treito que conecte coa vía de servizo desa nova conexión
A última edición da campaña 'Camiño da Reciclaxe' culmina coa plantación de máis de 600 árbores autóctonas no concello de Cerdedo-Cotobade
“A natureza e a paisaxe son elementos indisolubles da peregrinación, e os ‘ecoperegrinos’ actúan como embaixadores dos recunchos naturais de Galicia”, asegurou a conselleira
A Xunta amplía a todo o litoral galego a alerta laranxa por temporal costeiro
Mantense vixente o nivel de aviso laranxa por mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros na costa coruñesa e na Mariña lucense e esténdese tamén ao litoral de Pontevedra
Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 328.000€ na ampliación e posta en valor da ponte sobre o río Grande en Baio para favorecer a seguridade e a mobilidade dos veciños de Zas e de Vimianzo
A ampliación permitiu pasar dunha plataforma de 8 metros a case 12, contando con 2 carrís, beiravías, peitorís que apoian no taboleiro e beirarrúas
A Xunta constata un impacto da suba dos custos de produción dos gandeiros de leite de 4 céntimos por litro no 2021 respecto do ano anterior
O informe, elaborado en colaboración coa Fundación Juana de Vega, precisa que os ingresos das explotacións medraron un 2,71% en 2021 respecto de 2020, mentres que os custos se incrementaron en preto do 12%, provocando o conseguinte deterioro das súas contas de resultados
A Xunta comeza as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na estrada autonómica OU-636 en Larouco
A intervención, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, ten un prazo estimado de 4 meses
A Xunta lanza unha nova edición do concurso artístico #EuSonPilabot para espertar a creatividade do alumnado dos 150 colexios que participan na campaña
Poderán presentarse ao certame calquera tipo de obra en formato imaxe que teña como temática principal o reciclado de pilas, enfocado ao cumprimento dos Obxectivos de desenvolvemento sostible marcados pola ONU para o ano 2030
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a declaración do Novo Hospital Público da Coruña como proxecto de interese autonómico
O Goberno galego destinará á construción do novo CHUAC un investimento autonómico superior aos 430 M€
Galicia desenvolve o proxecto 'EDAR 360' para levar as vantaxes da intelixencia artificial aos procesos de depuración de augas residuais
“Trátase de utilizar as novas tecnoloxías para poder desenvolver un control da calidade das augas e xestionar de forma máis eficiente os nosos recursos hídricos”, explica Conde