Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/02/22 | 11:48 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social analiza con Cruz Vermella novas liñas de colaboración centradas na formación dos profesionais sociosanitarios

Salientou o traballo que está a realizar a institución benéfica no ámbito da atención aos maiores a través de programas como a Teleasistencia

20/02/22 | 11:39

A Xunta informa aos 313 concellos que disporán de dous programas cun orzamento de 31 M€ para facilitar vivenda pública sostible e eficiente

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas para adiantarlles a próxima publicación de dúas liñas de axuda

20/02/22 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Condomiñas no concello de Cedeira

Os traballos desenvólvense nun treito de 1,5 quilómetros de lonxitude, ao seu paso polas parroquias de Santa María do Mar de Cedeira e de Santa María de Régoa

20/02/22 | 11:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pecha os borradores dos novos currículos educativos á espera de que o Goberno do Estado publique os documentos definitivos

Román Rodríguez subliña que Galicia “cumpre coa súa responsabilidade” e insiste en esixir ao Ministerio que “asuma a parte que lle corresponde, que é aprobar sen máis demora o marco estatal, porque xa estamos no tempo de desconto”

20/02/22 | 10:43 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 28.539 casos activos por coronavirus

Un total de 454.837 pacientes xa están curados

20/02/22 | 10:05 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 75.000 euros a crear e mellorar pistas forestais ou cortalumes en Friol para reforzar a anticipación aos incendios

Os traballadores do distrito IX Lugo-Sarria tamén actuaron en faixas auxiliares ou colocaron pasos de auga en montes de xestión pública deste municipio lucense

19/02/22 | 14:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa obras de mellora da seguridade na estrada AC-445 en Estorde, no concello de Cee, no treito coincidente co Camiño de Fisterra

A intervención inclúe a execución dunha condución de pluviais mediante 84 metros de tubaxe e a construción dunha senda que supera os 630 metros de lonxitude

19/02/22 | 13:48

A Xunta investirá case 90.000€ na sinalización de terreos cinexéticos e hábitats piscícolas de xestión pública

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar o contrato para a adquisición de máis de 11.000 sinais e mastros para garantir a posta en valor e un aproveitamento ordenado e sustentable dos recursos naturais cinexéticos e piscícolas

19/02/22 | 12:56

A Xunta anima ao sector turístico a implicarse na futura regulación de usos no illote Areoso

O presidente da entidade, Cesáreo Pardal, comprométese a enviar as súas achegas e propostas nos vindeiros días para tentar enriquecer o documento, no que xa está a traballar a Consellería co obxectivo de poñelo en práctica este mesmo verán

19/02/22 | 12:52

A Xunta salienta o traballo das redeiras galegas e aposta por "un esforzo activo" para darlles máis visibilidade e mellorar as súas condicións laborais

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, participaron hoxe na asemblea da Federación galega de redeiras artesás O Peirao