Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoiou con máis de 100.000€ a mellora de 7 establecementos turísticos de aloxamento e restauración da comarca do Barbanza
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o camping Praia Ría de Arousa de, un dos negocios beneficiarios o ano pasado desta liña de axudas
A Xunta inviste 28,5M€ en programas de eficiencia enerxética e autoconsumo que pon á disposición do sector termal e das augas minero-medicinais
Unha destas liñas de apoio vai destinada, especificamente, a impulsar a eficiencia enerxética no sector, cun orzamento de 2,4M€ para que as empresas dedicadas ao envasado de augas naturais e os balnearios poidan adquirir novo equipamento enerxético
A nova tempada de pesca fluvial en Galicia comezará o 20 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo
No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas
Fernández-Tapias anuncia para este verán o remate da rehabilitación de Subida ao Castelo 9, tras unha inversión de preto de 288.000 euros
A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial da Xunta visitou hoxe xunto ao arquitecto da obra o inmoble do que se obterán dúas novas vivendas
A Xunta dá luz verde ao proxecto de Cortizo para a implantación dun Campus Tecnolóxico
O Goberno galego aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declarou a súa utilidade pública, polo que a partir da aprobación do proxecto de urbanización o prazo de execución será de dous anos
A Xunta e o concello de Bóveda colaboran para que a aula forestal Os Trollos sexa referente no impulso de frondosas como o castiñeiro e de aproveitamentos como os cogomelos
José Luis Chan avanzou que se definirán liñas de traballo concretas unha vez se aproben os plans estratéxicos das frondosas autóctonas e dos soutos de castiñeiro e da castaña, no marco dos obxectivos do Plan Forestal de Galicia 2021-2040
O esforzo inversor da Xunta tradúcese na proxección de máis de 1.000 vivendas protexidas na provincia da Coruña
Ángeles Vázquez lembra que, ademais de construír vivenda pública, o IGVS lanzará un novo concurso de solo residencial
Ethel Vázquez avanza que a Xunta rebaixará o prezo de autobús aos 150.000 veciños de 119 concellos rurais coa posta en marcha da Área de Transporte de Galicia
Explica que os municipios de menos de 2.000 habitantes e cun menor grado de urbanización se incorporarán de xeito directo no verán a esta iniciativa da Xunta, que suporá descontos de 0,50€ en cada viaxe e transbordos gratuítos
A Xunta pon en valor as distintas investigacións levadas a cabo polos centros dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
O director da Axencia participará nunha xornada expositiva que terá lugar o vindeiro xoves no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude
A Xunta anuncia a retirada de preto dun millón de expedientes para desconxestionar as instalacións xudiciais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo da Xunta de Expurgación coas relacións documentais que se retirarán, a maioría correspondentes aos xulgados de Vigo, tendo en conta a entrada en funcionamento da Cidade da Xustiza