Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/02/22 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta anuncia a retirada da obrigatoriedade de solicitar o certificado covid no sector da hostalería

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comunicaron hoxe nun encontro con representantes da hostalería que tampouco será preciso o rexistro de usuarios e explicaron que se amplían os límites de comensais por mesa ata un máximo de 10 no interior e 20 no exterior

23/02/22 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 375.000€ as obras para completar a renovación integral de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei

Actuarase en preto dun quilómetro da travesía da estrada LU-113, desde o centro, á altura da praza de Galicia, ata a saída do núcleo urbano en sentido Abadín

23/02/22 | 14:04 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os clubs da provincia de Lugo recibiron equipamentos deportivos por importe de 413.000 euros

O secretario xeral para o Deporte e o delegado da Xunta en Lugo supervisaron o material recibido por seis clubs lucenses: bicicletas, rolos, bacas, caixas de primeiros auxilios, embarcacións, pas, chalecos, remolques e dúas furgonetas

23/02/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición para participar na 2ª edición da aceleradora de proxectos turísticos da Xunta

O emprendemento innovador poderá optar á segunda edición deste programa de formación e mentorización do Goberno galego, que se desenvolverá entre abril e decembro

23/02/22 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dará trámite de audiencia a todos os interesados antes de resolver a concesión de Ponte do Inferno, no río Verdugo, de acordo á normativa e atendendo ao interese xeral

Ethel Vázquez remarca que a Xunta, cumprindo as súas obrigas e seguindo escrupulosamente a lei, está a analizar polo miúdo todas as circunstancias xurídicas, hidráulicas e ambientais para adoptar a decisión máis acaída

23/02/22 | 13:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta súmase á lectura do poemario de Rosalía con motivo da celebración do seu día

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, pecha os actos conmemorativos do seu nacemento impulsados polo Parlamento de Galicia e a Fundación Rosalía de Castro

23/02/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 500.000 euros as obras de eliminación dun tramo de concentración de accidentes na estrada PO-403 en Ponteareas

Actuarase nun treito de 1,6 quilómetros, entre o enlace coa A-52 e o final da travesía de Angoares, mellorando as interseccións para facilitar movementos con maior visibilidade e reforzando a seguridade nos pasos de peóns

23/02/22 | 13:20

Gabriel Alén subliña os cursos de formación da Xunta como un aval na especialización das persoas traballadoras

O delegado territorial explicou que esta orde enmárcase dentro das iniciativas destinadas a impulsar o emprego estable e de calidade e a acadar un novo modelo produtivo de Galicia

23/02/22 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias fixa na formación a aposta estratéxica da Xunta, con 9 programas integrados de emprego na área territorial de Vigo

A delegada territorial da Xunta referendou o compromiso do Goberno galego “coa mellora da capacitación dos desempregados, da competitividade empresarial e a creación de emprego estable e de calidade”

23/02/22 | 12:59

A terceira edición da actividade divulgativa ‘Eu son inspect@r urbanístic@’ comeza no IES de Ponte Caldelas coa participación de 80 alumnos

Desde agora a xuño, persoal técnico e xurídico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística impartirá, como mínimo, 19 sesións lúdico-educativas máis en toda Galicia