Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anima aos galegos a optar a axudas de ata 15.000 € para mercar vivenda nun centro histórico
Ángeles Vázquez subliña que os veciños dos municipios de Ferrol, Neda, Mugardos e Pontedeume poden acollerse a este programa ata o vindeiro 30 de setembro
A Xunta informa en Lugo das axudas de ata 45.000 euros que pode pedir o ocio nocturno polos peches de fin de ano
O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse con responsables da Apehl logo de que se publicara a nova convocatoria de apoios ao sector, dirixida a aqueles negocios que optaron por cerrar entre o 31 de decembro e o 3 de xaneiro por mor da pandemia
A Xunta activa a casa do maior das Goletas, en Caldas de Reis, para atender os maiores da zona cun investimento de 55.000€ en tres anos
O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, visita esta nova instalación, emprazada en Saiar e rexentada por Ana María Cancelo, para desenvolver programas de autonomía e lecer para maiores de 60 anos de luns a venres de 9.00 a 17.00 horas
A Xunta convoca a escritores emerxentes inéditos de Galicia para participar na segunda residencia literaria do Gaiás
As autoras Marta Sanz e Ledicia Costas participan nesta edición, que impulsa o desenvolvemento de proxectos de narrativa a partir da posta en común de experiencias e coñecementos entre autores noveis e consagrados
A Xunta impulsa programas de coidado sociosanitario na estrada a través de Apacaf para atender a 33 persoas con TEA
O delegado territorial, Luis López, e a xerente da área sanitaria de Santiago e O Barbanza, Eloína Núñez, acompañados polo alcalde da Estrada, José López, visitaron esta mañá as instalacións da entidade na Braña, onde se desenvolveron estas actividades grazas a unha achega de máis de 11.000€ do Sergas
A Xunta estenderá o sistema XIDE para axilizar a citación e ofrecer consultas máis resolutivas na atención primaria
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou hoxe o centro Illas Canarias de Lugo, comprobando o bo resultado da pilotaxe do sistema
A Xunta e a CEO abren dous puntos de información e asesoramento en Verín e Valdeorras para difundir a cultura da innovación entre o tecido empresarial
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación da iniciativa Conecta Ourense, impulsada en colaboración coa confederación empresarial desta provincia
Lorenzana garante o compromiso da Xunta para acadar a igualdade laboral e rematar coa fenda salarial entre mulleres e homes
A conselleira lembrou que o benestar laboral das mulleres e a implantación de plans de igualdade nas empresas constitúe unha das prioridades do seu departamento
A Xunta, Reganosa e as confrarías de pescadores da ría de Ferrol traballarán xuntos na mellora da produtividade marisqueira da zona
Rosa Quintana sinalou que este acordo supón un reforzo ás actuacións que vén desenvolvendo o Executivo galego na zona desde o ano 2019 e que contribuirá a impulsar boas prácticas dentro do sector a prol da explotación sustentable dos recursos mariños