Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta impulsará a primeira liga galega de remo de banco móbil neste mesmo ano 2022
Contará con catro regatas -6 de marzo, 3 de abril, 1 de maio e 12 de xullo- e terá como prioridade os botes curtos e as categorías inferiores para acadar unha maior participación e propiciar a captación de novos talentos
Vigo Porté regresa baixo o paraugas do Xacobeo 21-22 no 10º aniversario do Trofeo de Baile Internacional
A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, e a directora do certame, Lorena López, presentaron hoxe o lanzamento da décima edición na escola Unidance
A Xunta investiu máis de 370.000€ na mellora das infraestruturas turísticas de 13 concellos da comarca de Santiago
A Xunta ten aberta as axudas para o 2022 para Concellos para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas coas que o Goberno galego avoga pola consolidación do turismo nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística
Feijóo pedirá na conferencia de presidentes a descentralización dunha parte dos fondos Next Generation para que o Goberno comparta coas autonomías a responsabilidade da recuperación
Lamenta a falta de axilidade no reparto, que fai que máis da metade dos fondos non se traduciran aínda en convocatorias
A Xunta reabre integramente ao tráfico rodado a ponte de acceso á dársena norte do porto de Malpica
Portos de Galicia vén de investir preto de 340.000 euros nas obras de reforzo e sostemento da infraestrutura
O programa ‘21 días co galego e +’ pecha a súa cuarta edición cun maior impacto nas redes sociais
O secretario xeral de Política Lingüística visita o instituto Lucus Augusti, onde tivo lugar a cerimonia oficial de clausura desta iniciativa
Galicia traslada ao Goberno central as súas demandas para que actúe de inmediato a prol da viabilidade do sector lácteo
O acordo constata que se está a producir unha situación xeneralizada de venda a perdas provocada polo incremento dos custos de produción
Román Rodríguez subliña que o CIFP Carlos Oroza exemplifica a calidade das ensinanzas de FP vinculadas á restauración
Felicita aos participantes no certame, que nesta ocasión contou coa presenza de alumnos de Galicia, Asturias, Euskadi e Portugal
A Xunta celebra o Día de Rosalía con actividades divulgativas en bibliotecas e centros de ensino
Os centros bibliotecarios propoñen mostras, obradoiros e espectáculos de narración oral e música, entre outras propostas que se prolongan máis aló da efeméride